12 jun 2018

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2018


Este ano na excursión de fin de curso visitamos os Muíños de Barosa.
Ao chegar Gonzalo e Sandra explicáronnos a historia destes muíños  e todas as actividades que íamos facer neste día tan especial.
Fixemos unha visita guiada ao muíño, ao forno de pedra e recibimos unha clase maxistral de Pablo sobre o funcionamento e os tipos de muíños que existen.
Sonia foi a encargada de amosarnos os distintos tipos de grans que se poden utilizar para facer pan ou outras especialidades. Nunha mesa chea de tódalas variedades das que nos estivo falando os nenos e nenas puideron achegarse e tocar os diferentes grans. 
Logo de repor forzas cunha merenda a media mañá seguimos cun taller de amasado de pan. Gonzalo, que é o panadeiro, e coa axuda de Sandra explicaron como se liga a masa, e despois fixeron unha demostración de diferentes tipos de produtos derivados da fariña.
E como o movemento se demostra andando...deron aos nosos nenos e nenas un anaco de masa para que a traballaran e fixeran o que mais lles gustase.
Pero non só os nenos tiveron que saír e traballar a masa...algún mestre e mestra tamén tivo que facer unha demostración das súas habilidades.

Antes de irnos obsequiáronnos con bolo de pan feito por eles para a ocasión.

Grazas a toda a xente do Muíño de Barosa,pasámolo moi, moi ben e aprendimos un montón de cousas grazas a vos!!!

























No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.