PLAN PROXECTA


PROXECTA 2018-2019:ESCOLAS CONECTADAS EN GALEGO

 Desta volta imos conectarnos para conmemorar o Día das Letras Galegas. Traballamos moito para coñecer esta data e o autor ao que se lle adica este ano: Antón Fraguas Fraguas.
Esperamos que o desfrutedes!!

O alumnado de Corzáns compartiu un poema co da escola de Oleiros...que bonitiño!! 


Aquí temos aos nenos e nenas de Oleiros recitando un poema aos compañeiros e compañeiras de Arantei:


     Dende a escola de Pesqueiras chamamos a Corzáns; compartimos os nosos traballos e convidamos aos nosos compañeiros e compañeiras desta escola a ver con nós o "Casamento da Pulga". 
    O noso agradecemento ao CEIP Virxe do Camiño (Rubiá) por facer público o seu traballo e así poder gozar del!!


      Neste caso dende a escola de A Vesada chamamos a Pesqueiras, e mostramos o noso libro das Letras Galegas con poemas que quedou ben chulo!!!

                                   

         As escolas de Fornelos e Cabreira compartiron os seus traballos, que tamén quedaron ben xeitosos: diademas de raposos, murais, poemas...canto traballamos!!



Agora gozamos da videochamada dende Arantei a Cabreira; contaronlle e amosáronlle o conto do Piollo e a Pulga que fixeron...fermosísimo!!




Continuamos compartindo experimentos; enviamos o vídeo ao resto das escolas por correo electrónico...mirade que chulo!!



E seguimos realizando videochamadas:
                                     

            


                                 




                             



E o 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller compartindo os nosos preciosos traballos:


   











                                   



E seguimos neste mes de febreiro coas conexións entre aulas: saúdos, rutinas,cancións,poemas...e rematamos conmemorando o Día de Rosalía. 
Mirade que cousas tan chulas fixemos!!!

                 


















              


E como somos moi formiguiñas xa empezamos a facer experimentos e...a compartilos tamén!!
Desta volta usamos o correo electrónico para manter as escolas conectadas:

Na escola de Arantei elaboraron este vídeo explicando o seu experimento, e compartírono coas demais escolas. Mirade que chulada!


Na escola de Cabreira fixeron outro experimento, do que sacaron fotos e que tamén compartiron, xunto coa explicación, co resto das escolas do Cra:

 

 

 

 

 

 

 


PROXECTA 2018-2019:
ESCOLAS CONECTADAS EN GALEGO

 Comezamos esta nova andaina cun Proxecto de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística, ao que chamamos "Escolas Conectadas en Galego".

     No mes de xaneiro deu comezo a nosa nova aventura na que atopamos dificultades técnicas variadas, pero que serviunos para aprender e superarnos unha vez máis.

Aquí tedes unha pequena mostra do traballo que fixemos:


   







 
 



Rematando así este primeiro mes de experiencia conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia coa canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras. Con ela elaboramos un vídeo que podedes ver no blogue, e que compartimos entre as aulas a través das videochamadas.
















Proxecta 2017-2018
OS INCENDIOS
Esta é a visión que teñen as nosas alumnas/os sobre os incendios, días despois de que ocorresen. Comezamos a investigación.


Día da PAZ

Para celebrar o día da Paz todas as aulas xunto coas titoras e as profes de relixión e atención educativa estiveron a traballar nunha árbore cuxas follas simbolizan a convivencia, respecto,tolerancia,etc. e o lume significa todo o contrario.Para convatir o lume e coidar os nosos montes creamos uns superheroes espantallos que nos axudarán a impedir que o ocurrido hai uns meses non volva a suceder.









OS NOSOS SUPERHEROES
Estes son os nosos superheroes e os seus poderes.











SEMANA DA PRENSA
Durante a semana da prensa, elaboramos direferentes portadas do noso xornal "Novas A Lagoa" a partir dunha imaxe atopada na prensa.




CONVIVENCIA PESQUEIRAS- CORZÁNS
As escolas de Pesqueiras e Corzáns realizaron unha convivencia para trasplantar un carballo que medrou dentro do patio de Pesqueiras e plantalo no monte dun dos pais da escola. Aquí tendes un pequeno vídeo sobre o que fixemos, só tendes que picar na imaxe.


CONVIVENCIA CORZÁNS- ARENTEI- OLEIROS
Estas tres escolas realizaron unha convivencia o 10 de maio para visitar un Muíño e ademais facer unha parada no monte que está preto da escola de Corzáns para sentir as árbores. Aquí tendes un exemplo neste vídeo...


E algunhas imaxes.


DÍA DA ÁRBORE
O xoves 26 de abril, todas as aulas do CRA A Lagoa, estivemos no Parque da Canuda para celebrar o día da árbore coa idea de fomentar no noso alumnado o respecto polo medio natural e o seu coidado, sementando o gran de "Non queremos máis incendios" e como non, plantando árbores como símbolo do noso compromiso coa natureza. 



SEMANA DO LIBRO
A semana do 23 ao 27 de Abril traballamos nas escolas o libro a partir de contos como "O Censor de Monstros" e "Pepiña Maruxiña quere voar", a partir deles fixemos dúas manualidades de reciclaxe: unha árbore con chapas e uns bichiños con tapóns de botellas. 


TRABALLAMOS COS RECURSOS DA NATUREZA
Nas saídas ao monte recollemos diferentes obxectos naturais como follas das árbores, cocas, cortiza... e elaboramos o noso museo de arte natural.






ÁRBORES DE PLASTILINA
Atopamos unha imaxe do mapa de Galicia onde se representan os incendios. Despois de falar sobre ela descubrimos que non nos gustaba, e decidimos cambiala colocando árbores de plastilina por riba do lume.


INVENTAMOS UN CONTO

Este é o resultado do conto que inventaron as nenas/os de Fornelos sobre o monte e o lume.


FALAMOS COAS ÁRBORES

A partir do conto 

Saímos a falar coas nosas árbores e mirar o que elas  nos contaban, así descubrimos que podían ter ollos, caras, e incluso corazón, polo que co programa paint debuxamos nas imaxes recollidas o que nós vimos, a ver se vós tamén o vedes.

A MISIÓN SUPERSECRETA

 A partir do conto


Convertémonos en superheroes e superheroínas do coidado da natureza. Elaboramos as nosas insignias e traxes. As insignias primeiro debuxamos unha imaxe e despois colocámola en tapas de tarros, as capas fixémolas con bolsas de plático.


Despois elaboramos os equipos de superheroes e superheroínas.






Buscamos un nome e xa estamos preparados para protexer e coidar os nosos montes, non dubidedes en chamarnos que estaremos sempre alerta.




























No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.