Blog do Colexio Rural Agrupado A Lagoa, composto por 7 escolas: Arantei, A Vesada, Cabreira, Oleiros, Fornelos, Pesqueiras, Corzáns e con sede en Salvaterra de Miño, Rúa Rosalía de Castro 108 (Tlf.986659363)
17 dic 2011
15 dic 2011
PROGRAMA DA FESTA DE NADAL 2011
LUGAR: Casa da cultura de Leirado
9:45- Chegada e recibimento
10:00 - Benvida
10:45 - Actuacións das aulas (panxoliñas en cantadas en distintos idiomas) que sairán na seguinte orde:
- Arre borriquita (panxoliña en Español representada polos alumnos das aulas de Oleiros, Meder e Arantei)
- Bate o Sino (panxoliña en Portugués interpretada polos alumnos e alumnas das aulas de Cabreira e Fornelos)
- As muxicas no ceo de Belén (panxoliña cantada en galego polos alumnos e alumnas das aulas de Corzáns e Pesqueiras)
- Santa Claus is coming to town (panxoliña representada en inglés polos alumnos e alumnas das aulas de Vesada A e Vesada B).
11:30 - Actuación das familias coa panxoliña "Nadal de Luintra" do grupo musical Berrogüeto.
11:45 - Actuación musical
12:00 - Actuación dos nenos e nenas do cra co baile "waca waca"
12:15 - Degustación de rosca e produtos típicos navideños.
12:45 - Visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.
13:45 - Fin da festa e despedida
Esperamos que desfrutedes moito desta festa de nadal.
11 dic 2011
PANXOLIÑA DE NADAL PARA OS PAIS
Hola a todos:
Cara Belén camiña
unha Nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada.
¿Quen chama á miña porta,
quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
que pedimos pousada.
Se traen cartos que entren
e senón que se vaian.
Cartos non traerei,
máis que un real de prata.
Isos son poucos cartos,
pídanno noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.
Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada,
¿qué máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?
Como xa sabedes por outros anos, e aos que non o sabedes por ser novos no cole vos informo, que tradicionalmente na festa de nadal, que este ano será o dia 21 de decembro, os pais e nais tamén teñen o seu momento de protagonismo e cantan unha panxoliña no escenario todos xuntos.
Pois ben, esta é a canción de nadal que este ano vos propoñemos, é algo distinta ao acostumado pero non vos preocupedes porque teredes a axuda do playback de fondo para seguir a melodia e mais a letra.
Berrogüetto. CANTIGAS DE NADAL. Nadal de Luintra
Cara Belén camiña
unha Nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada.
¿Quen chama á miña porta,
quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
que pedimos pousada.
Se traen cartos que entren
e senón que se vaian.
Cartos non traerei,
máis que un real de prata.
Isos son poucos cartos,
pídanno noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.
Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada,
¿qué máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?
7 dic 2011
VISITA DE ANXO MOURE POLAS AULAS DO CRA
O pasado venres tivemos a visita de Anxo moure, veu no seu "paztinete" para contarnos un montón de historias. Pasámolo xenial e aprendimos moitas couas tamén.Grazas Anxo, volve a visitarnos noutra ocasión.
6 dic 2011
XUNTANZA CABREIRA-ARANTEI
O VENRES DÍA 2 TIVEMOS UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE AS AULAS DE CABREIRA E ARANTEI. COMPARTIMOS ACTIVIDADES E TIVEMOS A VISITA DO "ATRAPADOR DE CONTOS" ANXO MOURE QUE NOS GUSTOU MOITO.
ESTIVEMOS VENDO UN VIDEO DUN DOS SEUS CONTOS, " O CARBALLO CON BOTAS" Se tedes curiosidade por saber cal é este conto... a continuación poderedes velo.
Os Contos do bardo Abelardo - O carballo con botas . E DESPOIS FIXEMOS UN LIBRIÑO TODO CHEO DE ACTIVIDADES SOBRE O CONTO
ESTIVEMOS VENDO UN VIDEO DUN DOS SEUS CONTOS, " O CARBALLO CON BOTAS" Se tedes curiosidade por saber cal é este conto... a continuación poderedes velo.
Os Contos do bardo Abelardo - O carballo con botas . E DESPOIS FIXEMOS UN LIBRIÑO TODO CHEO DE ACTIVIDADES SOBRE O CONTO
3 dic 2011
Xuntanza CORZÁNS-MEDER
Suscribirse a:
Entradas (Atom)