17 nov 2015

MAGOSTO


Como xa ven sendo tradición,o pasado venres 13 de novembro celebramos o magosto na casa da cultura de Leirado; disfrutamos coa actuación de Anxo Moure e o seu carballo con botas, comimos uns bolos de leite, un chocolate e unhas castañas que estaban para chuparse os dedos, quedamos abraiados coa vosa imaxinación na exposición de piñas, fixemos un montón de xogos divertidísimos, cantamos e tivemos un día de convivencia moi especial. 
Coma sempre queremos darvos as grazas  pola vosa colaboración!!!

Mirade qué ben o pasamos:








4 nov 2015

SAMAÍN E A BRUXA MARUXA



Un ano máis polo Samaín os nenos do Cra xúntanse en diferentes aulas para recibir a visita dunha bruxa moi especial; nesta ocasión os nenos de Fornelos recibiron os de Cabreira, os de A Vesada  estiveron acompañados dos de Pesqueiras e Oleiros e os de Arantei  foron visitados polos de Corzáns.

Este ano a nosa querida  Bruxa Patuxa decidiu collerse unhas vacacións, porque estaba agotada de tanto traballar, pero enviounos a súa prima Maruxa, a BRUXA MARUXA que tamén é moi despistada e tivemos que axudala a recuperar o seu zapato;  ademáis contounos un montón de cousas interesantes sobre as nosas árbores , dos seus frutos e froitas; fixemos un conxuro, bailamos, cantamos e coma sempre, deixounos moitos agasallos.
En definitiva, foi un día moi divertido cheo de sorpresas!!! Mirade qué ben o pasamos!!
Aquí tendes as fotos e o vídeo da visita da Maruxa, disfrutádeo!!