Blog do Colexio Rural Agrupado A Lagoa, composto por 7 escolas: Arantei, A Vesada, Cabreira, Oleiros, Fornelos, Pesqueiras, Corzáns e con sede en Salvaterra de Miño, Rúa Rosalía de Castro 108 (Tlf.986659363)
26 feb 2017
ENTROIDO 2017
Como todos os anos, o pasado venres 24 de Febreiro, no CRA A Lagoa celebramos o tan desexado Entroido que comezou na praza do Concello onde nos xuntamos cos outros colexios para despois percorrer as rúas de Salvaterra de Miño e rematar no fermoso parque da Canuda cunha gran festa na que queimamos o meco, limos o manifesto, merendamos,actuamos, xogamos e trouleamos sen parar.
Nesta ocasión,xa que andamos a traballar a Prehistoria nas aulas, o noso disfraz non podía ser outro que o de troglodita e a nosa actuación tamén tivo a mesma temática.
Pasámolo fenomenal e ata tivemos a sorte de ter un fermoso día de sol.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasou a nosa tribu dos trogloditas da lagoa na celebración do Entroido e coma sempre:
GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN.
17 feb 2017
Día de Rosalía de Castro
O vindeiro VENRES 24 de Febreiro celebrase o día de Rosalía de Castro e nas nosas aulas faranse diferentes actividades para festexar este día tan especial. Os nenos e nenas do Cra traballarán coa canción de Uxía chamada ROSALÍA PEQUENIÑA.
Aquí vola deixamos para que vaiades practicando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)