26 dic 2018

FESTIVAL DE NADAL 2018

O pasado venres, 21 de Decembro, celebramos na casa da cultura de Salvaterra de Miño o noso festival de Nadal. Contamos coa actuación de Tarabelos, merendamos unha riquísima rosca, cantamos e bailamos panxoliñas e ata tivemos a gran sorte de falar cos  Reis Magos de Oriente que nos trouxeron un fermoso agasallo.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos ese día.
Moitísimas grazas a todos e BO NADAL!!!!!


  • Actuación  de TARABELOS: SABELA E O PAXARO MÁXICO




  • Acutacións das aulas:

         1. FORNELOS-PESQUEIRAS: REMIX NAVIDEÑO





                       2. ARANTEI-A VESADA: LA FÁBRICA DE SANTA CLAUS




 3.  OLEIROS: TE REGALO UNA SONRISA



      4. CABREIRA -CORZÁNS: A MIÑA GRAN NOITE





5. INGLÉS: THE SANTA CLAUS ROCK



6. PANXOLIÑA PAIS: METIDO NUN OVO





  • Momentos do festival


22 dic 2018

Visita dos reis Magos

Onte, 21 de Decembro,durante o festival de Nadal, tivemos a grandísima sorte de que os REIS MAGOS poideran visitarnos e traernos un fermoso agasallo, moitas grazas!!
e FELICES FESTAS A TODOS!!









20 dic 2018

Os chefs de Arantei celebran o Nadal

Pero que grandes cociñeiros temos en Arantei, mirade, mirade!!


10 dic 2018

Xa arrecende a Nadal, así que haberá que ir ensaiando para cantar panxoliñas. Este ano, as nais, os pais e profes, imos deleitar ós nosos peques coa panxoliña "Metido nun ovo". Aí vai texto e música!



"METIDO NUN OVO"
 CANTIGAS DE REIS
Cantigas Populares Galegas


Os tres reises magos
van para Belén,
quitaron os zocos
para correr ben.

Lupe de Caveira
failles o café,
Esperanza de Macario
peneira de pé.
(bis)

Escoiten señores
o aguinaldo novo
que naceu o neno
metido nun ovo.

Escoiten señores
o aguinaldo vello
que naceu o neno
metido nun cesto.

Déano-lo aguinaldo
anque sexa pouco,
un bo bacallao
e a metade doutro.

De postre castañas
boas e ben grandes,
un molete enteiro
e un queixo de flandes.
(bis)


2 dic 2018

Arantei vai de excursión

Os nenos e nenas de Arantei foron visitar a fábrica de chocolates Antoxo e puxéronse as botas.


9 nov 2018

As pizzas terroríficas de Arantei



Non vos perdades as pizzas de medo que fixeron os nenos e nenas de Arantei,para chuparse os dedos, vaia minichefs que temos no CRA!!!



4 nov 2018

Samagostín 2018


O pasado mércores 31de Outubro celebramos o xa coñecido SAMAGOSTÍN e todos nos reunimos na casa da cultura de Leirado. Alí recibimos a visita da nosa querida bruxa Catuxa que nos falou de certos experimentos científicos que temos aínda que investigar; tamén pasámolo de medo con Cé Orquestra Pantasma e o seu espectáculo " A xogar, cantar e bailar" pero como despois de tanta troula tiñamos moita fame e sede, a nosa ANPA, coa colaboración de chocolates ANTOXO, preparounos unha deliciosa merenda caseira coa que chupamos os dedos e que nos deu forzas para seguir brincando cos xogos do paracaídas, as carretillas, a ra castañeira, as culleres e os aros bailóns. Para finalizar e coa compañía de todos os familiares, cantamos a canción do magosto e comemos castañas asadas.
Un millón de grazas a todos pola vosa colaboración e participación e por facer esto posible un ano máis.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos ese día.



Xogos Samagostín 2018







2 nov 2018

As Cabazas Terroríficas do Cra a Lagoa

Durante estes días, nas aulas do Cra, mirade que fermosas cabazas fixeron os nenos coas profes.









25 oct 2018

Halloween,BOO!!!

Como xa andamos a traballar o SAMAÍN, que si spiders, ghosts, monsters,vampires,squeletons, pumpkins e lóxicamente whitches, aquí vos deixamos o conto de WINNIE THE WITCH e algunha que outra canción terrorífica ...........in English of course!!

HAPPY HALLOWEEN!!













23 oct 2018

A VENDIMA DE ARANTEI

En Arantei comezamos o curso pisando uvas, fomos de vendima ben pretiño da nosa escola,  que ben o pasamos e canto aprendemos. Moitísimas grazas ás familias por colaborar con nós e especialmente á de Gabriel por deixarnos traballar na súa finca.




4 sept 2018

Comezo do curso escolar 2018-2019



Xa estamos de volta, dentro duns días vémonos dando comezo a un novo curso escolar. 
Benvidos a todos!!!





24 jun 2018

FESTIVAL FIN DE CURSO


O xoves 21 de Xuño celebramos na Carballeira de Lira o Festival de fin de curso baixo un fermoso día de sol.Todas as aulas fixeron unha actuación e os de cinco anos ademáis tiveron outra coa profe Aloia, pero os pais tamén se animaron neste día tan especial e sorprederon a todo o mundo cantando O Pirimpimpín.
Por outra banda tivemos a grandísima sorte de contar este ano coa escola de Música de Salvaterra e tamén, como non podía faltar, disfrutamos cos inchables e o taller de maquillaxe.
Grazas a todos un ano máis por facer realidade días como estes ao longo de todo o curso.
Disfrutade moito das vacacións e ata o pronto!!!

ACTUACIÓN AULA DE FORNELOS : Supercalifragilisticoespialidoso


ACTUACIÓN AULA DE OLEIROS: La bamba divertida


ACTUACIÓN AULAS DE PESQUEIRAS Y  A VESADA: Un día especial


ACTUACIÓN AULAS DE ARANTEI, CABREIRA Y CORZÁNS: Avoa Fina


ACTUACIÓN DOS PAIS:  O pirimpimpin





ESCOLA DE MÚSICA: Fotos e actuación





 FOTOS DOS GRADUADOS


19 jun 2018

Dende biblioteca.....

O equipo de biblioteca quere compartir con todos vós os traballos que se fixeron na SEMANA DA PRENSA e O DÍA DO LIBRO, agardamos que vos gusten.






12 jun 2018


 Pois xa que en Nadal as familias o fixeron taaaaan ben, aí vai o novo reto, O Pirim pin pin, do grupo As Malvelas para cantar na festa de Fin de Curso, o vindeiro xoves 21 na carballeira de Lira   se o tempo o permite. Ide ensaiando!!!!



           






                

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2018


Este ano na excursión de fin de curso visitamos os Muíños de Barosa.
Ao chegar Gonzalo e Sandra explicáronnos a historia destes muíños  e todas as actividades que íamos facer neste día tan especial.
Fixemos unha visita guiada ao muíño, ao forno de pedra e recibimos unha clase maxistral de Pablo sobre o funcionamento e os tipos de muíños que existen.
Sonia foi a encargada de amosarnos os distintos tipos de grans que se poden utilizar para facer pan ou outras especialidades. Nunha mesa chea de tódalas variedades das que nos estivo falando os nenos e nenas puideron achegarse e tocar os diferentes grans. 
Logo de repor forzas cunha merenda a media mañá seguimos cun taller de amasado de pan. Gonzalo, que é o panadeiro, e coa axuda de Sandra explicaron como se liga a masa, e despois fixeron unha demostración de diferentes tipos de produtos derivados da fariña.
E como o movemento se demostra andando...deron aos nosos nenos e nenas un anaco de masa para que a traballaran e fixeran o que mais lles gustase.
Pero non só os nenos tiveron que saír e traballar a masa...algún mestre e mestra tamén tivo que facer unha demostración das súas habilidades.

Antes de irnos obsequiáronnos con bolo de pan feito por eles para a ocasión.

Grazas a toda a xente do Muíño de Barosa,pasámolo moi, moi ben e aprendimos un montón de cousas grazas a vos!!!

























24 may 2018

7º XUNTANZA INFANTIL

Onte, 23 de Maio, celebramos no parque da Canuda de Salvaterra de Miño a nosa 7ª XUNTANZA ESCOLAR INFANTIL. Como todos estes anos, alí xuntámonos máis de 200 nen@ dos colexios de Leirado, o Infante Felipe e o noso CRA a Lagoa, ademáis de mestres, pais e nais colaboradores e persoal de emerxencias.
Foi un día moi especial de convivencia ó aire libre no que disfrutamos de diferentes talleres e xogos: saltamos e trouleamos nos inchables, ollamos as aves nun fermoso paseo en barca, pescamos nas fontes , fixemos unha manualidade que levamos para casa,  practicamos polo circuito,nas bicis e patinetes, as normas de prevención e seguridade vial, montamos nos coches de policía, nos explicaron para qué serve gran parte do material que empregan no seu día a día e ata puidemos tocalo, merendamos rica e fresca froita e ainda tivemos tempo para xogar no parque.
Coma sempre, grazas a todos por participar, colaborar e facer que este día sexa posible.

Aquí vos deixamos un vídeo cunha mostra do que disfrutamos na Xuntanza.





17 may 2018

Feliz Día das Letras Galegas

Os nenos e nenas do noso Cra levan tempo traballando na autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno.
Os nosos amigos Os Bolechas teñen unha serie audiovisual sobre a vida e obra dos principais autores galegos homenaxeados no día das Letras Galegas. Se pinchades no seguinte enlace podedes disfrutar dos Bolechas  contando unha historia adicada a MARÍA VICTORIA MORENO, a peza baséase no seu primeiro libro,  MAR ADIANTE( 1973).

http://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2018/contido_0041.html

29 abr 2018

DÍA DA ÁRBORE

O pasado xoves 26 de Abril celebramos no parque da Canuda de Salvaterra de Miño o DÍA DA ÁRBORE.
Alí xuntámonos todas as aulas do Cra a Lagoa para pasalo ben e aprender un montón de cousas nun fermoso día de sol no que disfrutamos cos xogos de Barafunda e o seu conto O CENSOR DE MONSTROS, tamén tivemos talleres e por suposto plantamos varias árbores, nesta ocasión foron camelias.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos ese día.












24 feb 2018

Excursión a Vigo

O pasado venres 23 de Febreiro fixemos unha excursión a Vigo para visitar o Museo da Fundación Abanca e ver no teatro a función de Magín Blanco.
No museo coñecimos a obra de Antonio Quesada coa axuda do noso amigo Pintafontes  e tamén realizamos un obradoiro adicado a este paisaxista ouresá. Fixemos uns debuxos empregando técnicas plásticas dignas de auténticos artistas!
No teatro cantamos e disfrutamos coa actuación de Magín Blanco chamada "A nena e o grilo nun barquiño".
Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que fixemos ese día.















21 feb 2018

Magin Blanco

Como xa se acerca a excursión a Vigo para ver a Maxin Blanco e ir o museo, aquí vos deixo unha canción en inglés coa que disfrutaremos ese día.



Día internacional da Lingua Materna



http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/conmemoracions/dia-internacional-da-lingua-materna



20 feb 2018

Día da PAZ

Para celebrar o día da Paz todas as aulas xunto coas titoras e as profes de relixión e atención educativa estiveron a traballar nunha árbore cuxas follas simbolizan a convivencia, respecto,tolerancia,etc. e o lume significa todo o contrario.Para convatir o lume e coidar os nosos montes creamos uns superheroes espantallos que nos axudarán a impedir que o ocurrido hai uns meses non volva a suceder.










15 feb 2018

O noso lazo solidario

Hoxe celébrase o Día Internacional Contra o Cancro Infantil e por este motivo todos os nenos e nenas do Cra estiveron a facer estes días, en Atención Educativa e Relixión, un fermoso lazo dourado en apoio aos nen@s e familias afectadas.

11 feb 2018

ENTROIDO 2018

O pasado venres 9 de febreiro festexamos o entroido xunto co Ceip de Leirado e o Cep Carlos Casares pero nesta ocasión, por mor da choiva, non puidemos percorrer e dar cor as rúas de Salvaterra xa que decidimos xuntarnos todos no pavillón de Leirado.
Unha vez alí desfilamos todos os colexios xuntos, limos o testamento, merendamos, actuamos e queimamos o meco.
Aquí vos deixamos algúns momentos dese día e coma sempre moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración e participación nunha celebración tan especial e, que viva o entroido!!!

                                                      FOTOS AULAS



MOMENTOS DO ENTROIDO



TESTAMENTO DO MECO


                                     

ACTUACIÓN
"A horta de Balbina"



DESFILE




                               



30 ene 2018

PEACE AND LOVE!!

Dende 1964 e para conmemorar a morte de Gandhi, celebramos nas escolas o 30 de xaneiro o DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ, recoñecido pola UNESCO en 1993.
A mensaxe que se pretende transmitir é:"Amor universal,non-violencia e paz.O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra"
A educación en e para a tolerancia, solidariedade, concordia e respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz son motivos para recordar o 30 de Xaneiro, coincidindo co aniversario da morte de Gandhi, máximo representante do pacifismo mundial.
Outro gran defensor da paz no mundo foi John Lennon, integrante do grupo musical os Beatles, quen a través da música lanzou innumerables mensaxes de paz;os títulos máis emblemáticos foron "Imagine" e "Give peace a chance".