23 dic 2019

FESTIVAL NADAL

O 20 de Decembro celebramos na Casa da Cultura de Salvaterra o noso Festival de Nadal que nesta ocasión foi temático e por iso tivemos diferentes estilos musicais: pop, rock, salsa, country,..
Foi unha mañá moi completa na que tivemos tempo para ensaiar tod@s xunt@s, merendamos rica froita, bica e rosca; tamén participaron as familias, decoramos a nosa árbore de Nadal e ata tivemos a gran sorte de recibir a visita do apalpador que chegou cun gran saco cheo de agasallos para os nen@s.
Aquí vos deixamos unha mostra deste día agardando  que gozásedes tanto coma nós.
GRAZAS coma sempre a tod@s por axudarnos e estar aí sempre connosco!!
FELICES FESTAS, VÉMONOS NO 2020!!!!!


ACTUACIÓNS


ARANTEI-FORNELOS


                            

A VESADA-CABREIRA


                                   CORZÁNS-PESQUEIRAS


                                            OLEIROS


                                              INGLÉS


                                              FAMILIAS



                                        APALPADOR





MONTAXES DE PRESENTACIÓN DAS ACTUACIÓNS


ARANTEI-FORNELOS


A VESADA-CABREIRA


                                     CORZÁNS-PESQUEIRAS




                                          OLEIROS

                                                   

                                              INGLÉS



                                            FAMILIAS










Plaza do Concello Salvaterra de Miño

                                   

2 dic 2019

TODOS/AS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O 25 de NOVEMBRO  TODOS/AS  XUNTOS/AS no Día internacional contra a violencia de xénero



21 nov 2019

XORNADA MICOLÓXICA

O martes celebramos  na  Asociación Veciñal XERME, en Cabreira, unha xornada micolóxica con Matu; aprendimos un montón de cousas sobre diferentes tipos de setas, fixemos manualidades e ata puidemos saír de expedición en busca de setas.
Pasámolo en grande, volve pronto Matu e moitas grazas por todo!!











4 nov 2019

Samagostín 2019


O mércores 30 de outubro celebramos na casa da cultura de Leirado o SAMAÍN E O MAGOSTO, ao que nós chamamos SAMAGOSTÍN. Aínda que tivemos un día de chuvia, non por iso deixamos de facer un montón de cousas e de pasalo en grande. Primeiro divertímonos cuns xogos, despois rimos e cantamos coa actuación de Migallas, tamén merendamos rica froita e chocolate, e ata a chuvia nos deixou saír a ver a fogueira para degustar as castañas e o riquísimo chocolate que nos fixo a ANPA.MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS por facer posible este día!!! 


AS NOSAS CABAZAS E MONSTROS



OS XOGOS E A MERENDA
 


A ACTUACIÓN DE MIGALLAS

TODOS XUNTO A FOGUEIRA







CASTAÑAS E CHOCOLATE,QUE RICO!!




29 oct 2019

Are you ready for HALLOWEEN?

COUNTDOWN TO HALLOWEEN!!!!BOOOOOO!!!!



FIVE CREEPY SPIDERS!!




KNOCK; KNOCK TRICK OR TREAT!! WHO ARE YOU??





30 sept 2019

A VENDIMA

O xoves os nenos e nenas de Pesqueiras e Corzáns foron de VENDIMA, e mirade todo o que traballaron e gozaron recollendo, pisando  e comendo uvas.
Grazas á familia de Rubén por axudarnos nesta fermosa actividade.






5 sept 2019

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS



Hoxe tivemos a primeira reunión coas familias na Casa da Cultura de Salvaterra, no enlace que tedes debaixo poderedes atopar toda a información exposta.

https://drive.google.com/file/d/1R-OXZXKlYSuGbdIJcuG0a5kv1Ozq2Tkc/view?usp=sharing

2 sept 2019

REUNIÓN COAS FAMILIAS


BENVIDOS AO NOVO CURSO 2019/2020




28 jun 2019

LISTADO DE LIBROS CURSO 2019-2020

AQUÍ  VOS DEIXAMOS A LISTA DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO


27 jun 2019

FESTA FIN DE CURSO

Como todos os anos, o último día de clase celebramos en Lira a festa fin de curso para despedir e graduar ós nen@s de 5 anos e pasar un fermoso día xuntos cantando, bailando, comendo e xogando.
Moitísimas grazas a todos, especialmente a nosa ANPA, por colaborar sempre connosco!!
aquí vos deixamos unha mostra dese día.
A actuación dos graduados coa mestra Aloia non podemos recollela polo artigo 18 da Constitución regulado pola Lei 1/1982 do 5 de maio e a Lei 15/1999 do 13 de decembro, no que se regula o dereito de imaxe e a protección de datos xa que non temos autorización para amosar imaxes de todos os nen@s.
Feliz verán e ata setembro!!!

XOGOS


MERENDAS





CANTAMOS E BAILAMOS





GRADUADOS









         


FIN DE FESTA


        

26 jun 2019

REVISTA RANÍCULA Nº 18

     Benqueridas familias, coma sempre ao final do curso editamos a nosa revista Ranícula. Este ano fixemos una copia impresa moi xeitosiña para vós, e tamén está dispoñible para ver neste blogue. Dende o CRA A Lagoa desexamos que vos guste.


20 jun 2019

CONVIVENCIA EN CABREIRA

Onte xuntámos todas as aulas na ASOCIACIÓN DE VECIÑOS XERME, en Cabreira, para facer a última convivencia deste curso. Alí pasámolo xenial coa asociación ACEESCA xogando, bailando, almorzando e ademais  fixéronnos dúas actuacións: A que sabe a Lúa e A ratita presumida. 
Botade un ollo a este vídeo!


Moitísimas grazas a tod@s por facer posible este día ..... e polo riquísimo almorzo!!!!

15 jun 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

E por fin chegou o día da excursión de fin de curso. O pasado xoves 13, fomos a CORAZÓN DE CARBALLO, unha granxa escola musical en Tomiño, na que o pasamos en grande facendo xogos e actividades musicais, coñecemos un pouquiño máis a granxa e a horta, dando de comer aos animáis e plantando verzas. Pero  non todo foi traballar, tamén houbo tempo para repoñer forzas e comer bocadillos e froita riquísima.
Mirade que ben o pasamos!!!

                                             XOGOS


ALMORZO-XANTAR

                                        NA GRANXA




NA HORTA



OBRADOIRO DE MÚSICA



                  

4 jun 2019

XUNTANZA INFANTIL

O pasado venres, o CEIP de Leirado, o CEIP Plurilingüe Infante Felipe e o CRA a Lagoa celebramos como cada ano no Parque da Canuda a nosa xa ben coñecida XUNTANZA INFANTIL.
Polo artigo 18 da Constitución regulado pola Lei 1/1982 do 5 de maio e a Lei 15/1999 do 13 de decembro, no que se regula o dereito de imaxe e a protección de datos, non podemos amosar fotos dos nen@s doutros colexios, e como nesta saída estaban todos mesturados, só podemos subir ao blog estas fotos nas que están unicamente os nen@s do noso CRA.
















17 may 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está adicado a ANTÓN FRAGUAS; escritor, historiador, etnógrafo e antropólogo galeguista nado en Loureiro (Cotobade-Pontevedra) no 1905.

Os nosos nenos levan xa varios días traballando neste autor e na súa obra.


 O CRA A LAGOA  quere desexarvos un FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

19 abr 2019

DÍA DA ÁRBORE

O pasado venres,12 de Abril, celebramos no parque da Canuda O día da Árbore e coma tivemos un fermoso día de sol, puidemos plantar árbores, facer xogos, almorzar rica froita, troulear no parque infantil e aprender a importancia de aforrar agua coa actuación de Barafunda.
Moitas grazas por facer un ano máis que esto sexa posible.