Todo estaba moi bonito e decorado ata o mínimo detalle para facernos pasar un dia divertido de convivencia entre todos.
Para empezar, cada aula colleu un puñado de castañas e foron a levalas ao sitio onde mais tarde as nais e os pais as asarían.
Para empezar, cada aula colleu un puñado de castañas e foron a levalas ao sitio onde mais tarde as nais e os pais as asarían.
Despois chegaron as actuacións......
Cos xogos pasámolo fenomenal, nos dividiron en grupos de animais e cando tocaba a serea.... deixábamolo todo no seu sitio e cambiábamos ao xogo seguinte.
Mesmo se animaron a facer unha competición coa corda Pais contra profes.
Despois de tanto xogo chegou a hora da comida, chourizos, pan, tortilla, unhas deliciosas rosquillas, rosca..... e por suposto castañas. Despois de encher o estómago era tempo de ensuciar a cara... ninguén se librou, maiores e pequenos quedamos tinguidos de negro, é a tradición.