AS NOSAS ESCOLAS



O CRA A Lagoa de Salvaterra de Miño, é un centro de educación infantil constituido como Centro Rural Agrupado dende hai mais de 20 anos. Está formado por unha sede situada na rua Rosalía de Castro 108 e sete escolas unitarias repartidas por todo o concello de Salvaterra:


AULA DA VESADA: Situada dentro da parroquia de Alxen, a medio camiño entre a vila de Salceda de Caselas e Salvaterra.  

LOCALIZACIÓN







AULA DE ARANTEI: Pola estrada camiño de Guillarei atopamos San Pedro de Arantei, onde no mes de xullo celébrase na área recreativa do Manteiro, un festival folclórico, dende o ano 1996, ao que acoden grupos internacionais. 

                                                                                               LOCALIZACIÓN
                                                                 
                                                                                   
 



AULA DE CABREIRA: No límite co concello de Salceda de Caselas está situada esta aula, pertence a parroquia de San Miguel de Cabreira e podemos atopala moi preto da igrexa adicada a San Miguel, que data de 1710. 

LOCALIZACIÓN










AULA DE CORZÁNS:  Na estrada entre Salvaterra e Leirado está a parroquia de San Miguel de Corzáns, e unha das parroquias mais antigas e importantes do concello. A aula podemos atopala ao lado da capela do Carme, na explanada do centro da cultura. 


LOCALIZACIÓN







AULA DE FORNELOS: A aula mais preto de Ponteareas, é unha das parroquias mais habitadas do municipio, está situada na subida cara a igrexa de San Xoan, ao lado do centro cultural.


LOCALIZACIÓN








AULA DE OLEIROS: Situada na estrada cara As Neves, é a aula que está máis preto da vila de Salvaterra. O territorio de Oleiros discorre paralelo ao río miño, o que favoreceu o asentamento da poboación. Destaca a capela de Santa Marina, curiosa pola súa pranta central  cuadrangular. 


LOCALIZACIÓN






AULA DE PESQUEIRAS: Atopámola a medio camiño entre Fornelos e Salvaterra pola estrada que vai a Ponteareas. No monte Castelo encóntrase enclavada a ermida da Asunción, e dende alí podemos disfrutar de fermosas vistas do val do Tea. 


LOCALIZACIÓN