Blog do Colexio Rural Agrupado A Lagoa, composto por 7 escolas: Arantei, A Vesada, Cabreira, Oleiros, Fornelos, Pesqueiras, Corzáns e con sede en Salvaterra de Miño, Rúa Rosalía de Castro 108 (Tlf.986659363)
26 dic 2023
FESTIVAL DE NADAL NO CRA A LAGOA 2023/2024
27 dic 2020
Festival de NADAL
O día 22 celebramos nas aulas o festival de Nadal que este ano estivo relacionado co Camiño de Santiago. Arantei escolleu unha canción vinculada co Camiño do Norte, Cabreira co Camiño Primitivo, Cozáns co Camiño Inglés, Fornelos co Camiño Francés, Oleiros co Camiño de Fisterra a Muxía, Pesqueiras coa Vía da Prata e Vesada co Camiño Portugués.
Aínda que foi un festival moi diferente ao de anos anteriores, gozamos vendo as actuacións de todas as aulas, degustamos ricas merendas de Nadal, recibimos postais d@s nos@s compañeir@s das outras escolas e tivemos a visita do apalpador e tamén agasallos. Ademais, como fixo bo tempo, os nosos familiares puideron ver a nosa actuación en directo nos patios das escolas.
Aquí deixámosvos unha mostra do noso FESTIVAL DE NADAL do 2020!!!
FELICES FESTAS!!
ARANTEI
"Astonauta tronpeta flauta"
PESQUEIRAS
"Macarena"
FORNELOS
“ Bim bam toi”
VESADA
“Caminho de Viseu “
CORZÁNS
" I like to move It"
CABREIRA
"Nun mos gusten los lunes"
OLEIROS
"Pousa, pousa"
E non podía faltar a visita do APALPADOR
22 dic 2020
Unha postal de Nadal moi especial
Queridas familias, como este ano é especial queriamos tamén felicitarvos as festas dun xeito diferente. Agardamos de corazón que gocedes dun BO NADAL e que nunca perdades a ilusión e o sorriso.
23 dic 2019
FESTIVAL NADAL
O 20 de Decembro celebramos na Casa da Cultura de Salvaterra o noso Festival de Nadal que nesta ocasión foi temático e por iso tivemos diferentes estilos musicais: pop, rock, salsa, country,..
Foi unha mañá moi completa na que tivemos tempo para ensaiar tod@s xunt@s, merendamos rica froita, bica e rosca; tamén participaron as familias, decoramos a nosa árbore de Nadal e ata tivemos a gran sorte de recibir a visita do apalpador que chegou cun gran saco cheo de agasallos para os nen@s.
Aquí vos deixamos unha mostra deste día agardando que gozásedes tanto coma nós.
GRAZAS coma sempre a tod@s por axudarnos e estar aí sempre connosco!!
FELICES FESTAS, VÉMONOS NO 2020!!!!!
ACTUACIÓNS
ARANTEI-FORNELOS
A VESADA-CABREIRA
CORZÁNS-PESQUEIRAS
OLEIROS
INGLÉS
FAMILIAS
APALPADOR
MONTAXES DE PRESENTACIÓN DAS ACTUACIÓNS
ARANTEI-FORNELOS
A VESADA-CABREIRA
CORZÁNS-PESQUEIRAS
OLEIROS
INGLÉS
FAMILIAS
![]() |
Plaza do Concello Salvaterra de Miño |
17 dic 2019
26 dic 2018
FESTIVAL DE NADAL 2018
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos ese día.
Moitísimas grazas a todos e BO NADAL!!!!!
- Actuación de TARABELOS: SABELA E O PAXARO MÁXICO
- Acutacións das aulas:
5. INGLÉS: THE SANTA CLAUS ROCK
- Momentos do festival
10 dic 2018
CANTIGAS DE REIS
Cantigas Populares Galegas
van para Belén,
quitaron os zocos
para correr ben.
Lupe de Caveira
failles o café,
Esperanza de Macario
peneira de pé.
(bis)
Escoiten señores
o aguinaldo novo
que naceu o neno
metido nun ovo.
Escoiten señores
o aguinaldo vello
que naceu o neno
metido nun cesto.
Déano-lo aguinaldo
anque sexa pouco,
un bo bacallao
e a metade doutro.
De postre castañas
boas e ben grandes,
un molete enteiro
e un queixo de flandes.
(bis)
16 dic 2017
13 dic 2017
24 dic 2016
FESTIVAL DE NADAL 2016
16 dic 2016
13 dic 2016
PANXOLIÑA DE NADAL PARA NAIS E PAIS
Ánimo!!!!
LETRA
Xesusiño está nas pallas
súa nai está con el
xunto a el tamén están
o boi, a mula e máis Xosé
(BIS)
E VAMOS A VER,E VAMOS A VER
AO NOSO MENIÑO
QUE NACEU
COS OLLOS AZUIS E O PELO ROXIÑO
(BIS)
Acendede catro pallas
e vámonos pra Belén
cantarlle ron ron ao neno
pra facelo durmir ben.
(BIS)
E VAMOS A VER,E VAMOS A VER
AO NOSO MENIÑO
QUE NACEU
COS OLLOS AZUIS E O PELO ROXIÑO
(BIS)
Estas uviñas,uviñas
i estas castañas con mel
son pro meu meniño meigo
pro meu meniño Manuel
(BIS)
E VAMOS A VER,E VAMOS A VER
AO NOSO MENIÑO
QUE NACEU
COS OLLOS AZUIS E O PELO ROXIÑO
(BIS)
DESCARGA AQUÍ A LETRA
9 dic 2016
Convivencia Nadal 2016
17 dic 2015
VISITA DO APALPADOR
GRAZAS APALPADOR POR FACERNOS PASAR UN DÍA CHEO DE CANCIÓNS, HISTORIAS, BAILES E AGASALLOS.
8 dic 2015
Papis e mamis, este ano, como todos os anteriores, tedes a misión de cantar unha panxoliña para os nenos. As profes non vos deixaremos solos!! Este ano a panxoliña chámase "Señora iama da casa", que é unha peza tradicional, arranxada por Paulo Nogueira e Magoia Bodega, e está interpretada polas Cantareiras de "Ultreia". Está incluída no disco O Quiquiriquí, editado pola Asociación de Gaiteiros Galego, e no que se fai un repaso á nosa tradición no que se refire ó Nadal, desde os moitos diferentes puntos de vista.
Aí vai!!!
8 ene 2015
FESTA DE NADAL 2014
Primeiro desfrutamos coa obra de títeres "as aventuras de don allo" que como xa é tradicional dende fai anos estivo representada polos mestres e mestras do cra.
- ARANTEI E CABREIRA. DANCE FELIZ NAVIDAD
- CORZÁNS E PESQUEIRAS. FROSTY
- A VESADA. EL BURRITO SABANERO
- OLEIROS. REMIX NAVIDEÑO PITUFOS
- FORNELOS. RECUERDOS NAVIDEÑOS.
Para acabar, e despois do descanso e a merernda con rosca (patrocinada polas asociacións de comerciantes "unes" e "aces") tivemos a esperada visita das SSMM os reis magos de Oriente.