Aí vai o vídeo desta canción, que a disfrutedes!!! E xa sabedes, se os Reis non che deixaron nin pan nin pandeireta, foi culpa da bicicleta!!!
Blog do Colexio Rural Agrupado A Lagoa, composto por 7 escolas: Arantei, A Vesada, Cabreira, Oleiros, Fornelos, Pesqueiras, Corzáns e con sede en Salvaterra de Miño, Rúa Rosalía de Castro 108 (Tlf.986659363)
Mostrando entradas con la etiqueta Normalización Lingüística. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Normalización Lingüística. Mostrar todas las entradas
17 dic 2020
TRES REIS EN BICICLETA
Aí vai o vídeo desta canción, que a disfrutedes!!! E xa sabedes, se os Reis non che deixaron nin pan nin pandeireta, foi culpa da bicicleta!!!
12 jun 2018
28 jun 2017
REVISTA ESCOLAR: RANÍCULA nº 16
Aquí queda o enlace da revista dixital Ranicula 16, agardamos que vos guste e que disfrutedes coas nosas actividades
http://prezi.com/pv44ckpgmopz/?utm_campaign=share&utm_medium=copy
http://prezi.com/pv44ckpgmopz/?utm_campaign=share&utm_medium=copy
16 may 2017
LETRAS GALEGAS 2017
No centro cultural Jose Ángel Valente na rúa do Paseo de Ourense podedes atopar unha fermosa exposición titulada "Os mundos de Carlos Casares" que ben paga a pena ser vista para coñecer un pouco máis ó autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste fermoso proxecto.
8 dic 2015
Papis e mamis, este ano, como todos os anteriores, tedes a misión de cantar unha panxoliña para os nenos. As profes non vos deixaremos solos!! Este ano a panxoliña chámase "Señora iama da casa", que é unha peza tradicional, arranxada por Paulo Nogueira e Magoia Bodega, e está interpretada polas Cantareiras de "Ultreia". Está incluída no disco O Quiquiriquí, editado pola Asociación de Gaiteiros Galego, e no que se fai un repaso á nosa tradición no que se refire ó Nadal, desde os moitos diferentes puntos de vista.
Aí vai!!!
SEÑORA IAMA DA CASA
CANTEMOS E MÁIS BAILEMOS
NA MELLOR FESTA QUE HAI
QUE HOXE NACEU UN NENO
QUE ESTÁ NOS BRAZOS DA NAI
(BIS) SEÑORA IAMA DA CASA
VÉÑANOS A DESPACHAR
QUE ESTÁ A NOITE MOI FRÍA
NON PODEMOS AGHARDAR (BIS)
TEÑO UNHA PITIÑA TEÑO(BIS)
CON DOCE PITOS TAMÉN
PRA REGALARLLE A MARÍA
QUE ESTÁ PARIDA EN BELÉN
(BIS) SEÑORA IAMA DA CASA… (BIS)
LOGO VIRÁN OS PASTORES
QUE TAMÉN O QUEREN VER
LEVAN OVOS E MANTEIGA
E UNHA XARRIÑA DE MEL
(BIS) SEÑORA IAMA DA CASA (BIS)
O DÍA DE NOITEBOA
E O DÍA DE NADAL
HEI COMER MOITAS CASTAÑAS
QUE ME VAI DAR MIÑA NAI
(BIS) SEÑORA IAMA DA CASA… (BIS)
22 oct 2015
Queridas
familias:
Este ano propoñemos
como actividade familiar a decoración de
piñas para a exposición que terá lugar na festa do Magosto. Empregade todo
aquelo que se vos ocurra, pasade un bo rato cos vosos fillos/as e deixade voar
a imaxinación. Entregade as piñas ás titoras sen identificación do alumno nin
da aula. Data límite venres 6 de Novembro. Recordámosvos que ao finalizar a
festa do Magosto cada familia levará a súa creación para casa.
Grazas pola vosa colaboración de antemán.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)