Mostrando entradas con la etiqueta voz natura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta voz natura. Mostrar todas las entradas

3 oct 2023

Achégase o Magosto!

Estimadas familias!

Aquí estamos de novo preparando a festa do MAGOSTO, para o que imos precisar da vosa axuda.

Imos elaborar un PORTACASTAÑAS seguindo as indicacións seguintes:


Precisamos un envase tipo brick (de zume ou leite), limpiño, co nome e a poder ser confeccionado deste xeito:

Marcamos a metade do envase por 3 caras (da igual deixar sen marcar a cara ancha que a estreita):


Cortamos pola marca e dobramos pola cara que quedou sen marcar: 

Grampamos o envase pola parte dobrada para que colla a forma:


E… xa temos o noso portacastañas!

Un lado para as castañas e outro para as mondas porque… festa si, pero deixando todo limpo.

Na aula encargarémonos de decoralo, polo que precisamos que o traiades como moi tarde o venres 13 de outubro.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!



28 abr 2023

DÍA DA TERRA E DA ÁRBORE

O mércores 19 de abril celebramos o Día da Terra e o Día da Árbore coa plantación de varias árbores na praia fluvial do Pego de Fornelos.
















VISITA DOS BOMBEIROS

O pasado mércores 19 de abril, todas as escolas do CRA fixemos unha xuntanza en Fornelos. 

Cando chegamos alí xa estaban os bombeiros do EPRIF (Equipo de Prevención Integral de Incendios Forestais) esperando por nós. Sen dúbida, unha experiencia que moitos dos nenos e das nenas xamáis esquecerán. 

Ensináronos cómo é o seu traballo e incluso cales son as ferramentas e o equipamento que utilizan, pero, sen dúbida, o que máis nos gustou foi ver a mangueira botar auga.

Unha vez máis, moitísmas grazas, non só por vir onda nós, senón tamén polo traballo que facedes día a día.





















2 dic 2022

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Premede no seguinte vídeo para descubrir as investigacións realizadas polo noso alumnado!







19 oct 2015

As nosas experiencias


Neste curso, temos como un dos nosos obxectivos, coñecer a nosa contorna mais preta, investigando un pouquiño as árbores autóctonas.
 Na nosa zona, foi tempo de vendima, e nos decidimos facela tamén.
Foi unha experiencia marabillosa!!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow created with Smilebox


Tamén empezamos a investigar as árbores do noso patio do recreo. Decidimos melloralo, tivemos que podar algúns, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño, e melloramos tamén o xardín dos olores.


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Another free collage by Smilebox

28 sept 2015

Novo curso Voz Natura

COMEZA UN NOVO CURSO.


Xa está un novo curso en marcha e tamén o noso proxecto medioambiental.
Este ano, Voz Natura súmase a declaración do 2015 como Ano Internacional dos Solos pola ONU e propón que traballemos na protección dos ecosistemas autóctonos.

8 jun 2015

QUEREMOS UN PARQUE LIMPO


O día 5 de xuño celebramos o día mundial do medio ambiente.

Coincidindo con esta data os nenos e nenas da aula de Pesqueiras fomos ao parque da nosa parroquia para limpalo. 

É unha pena que un lugar ao que poderíamos ir a xogar e pasar un bo rato, se atope nas condicións en que estaba.
 

 

Por iso realizamos unha saída coa nosa mestra Montse para deixalo como novo.






QUEREMOS UN PARQUE LIMPO!


2 jun 2015

FESTA FIN DE CURSO VOZ NATURA

Xa a temos aquí, por fin chegou o día, a festa de fin de curso de Voz Natura. 
 
http://voznatura.com/fiesta/index.php?idseccion=11 
Non perdas esta opotunidade, voz natura está a preparar unha gran festa o día 6 de xuño
 
 
Unha xornada chea de diversión é sopresas. As actividades son todas gratuitas e para tódolos públicos.
 
 
 
Lembrade: a entrada é libre para tódalas persoas que queiran asistir. 
 
Picade na imaxe e accederedes a tódala información na páxina oficial de voz natura. 
 
Esperámoste!

6 may 2015

APRENDENDO CON VOZ NATURA

Este curso aprendimos moitas cousas sobre a horta grazas ao proxecto voz natura. 

A continuación vos mostramos os nosos traballos na seguinte presentación.


26 mar 2015

CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE

O martes 24 de marzo celebramos no parque da Canuda en Salvaterra o día da árbore.

O día comezou ventoso e desapacible pero de seguida se nos esqueceu escoitando o conto "anida nada?" da editorial kalandraka, un bo aperitivo con boas ensinanzas de cara a todo o que nos agardaba.



A continuación pasámolo xenial co grupo de animación Barafunda.Primeiro co seu teatro "Pepiña Maruxiña quere voar" e despois no parque cos divertidísimos xogos de grupo.



Foi un día moi completo que grazas a colaboración do concello rematou prantando árbores no horto-xardín deste parque tan fermoso que temos no pobo.




Moitas mais fotos que sacamos neste día están publicadas no noso ÁLBUM WEB

20 feb 2015

A HORTA DO CRA. ENTROIDO 2015

Este ano a temática da nosa comparsa era a horta.

Froitas, verduras e hortalizas acompañadas por unha morea de granxeiros e granxeiras que con cariño cultivamos e coidamos cada día, para que medren fortes e sanas, nos presentamos en Leirado por mor mor da choiva.

Como é costume estivemos acompañados por o ceip de Leirado e polo cep Carlos Casares, que nos mostraron a súa orixinalidade con temáticas variopintas como o restaurante Casares, que ofrecía o seu menú do día, os reloxios de Dalí, ou os científicos mais tolos de todo Salvaterra.



Chegado o momento das actuacións, e a ritmo do grupo "bom bom chip" bailamos a canción "toma mucha fruta".




Una vez mais grazas a tódolos colaboradores e colaboradoras e deica o ano que ven.

Se queredes ver mais fotos de todo o acontecido pinchade AQUI e accederás ao álbum web.




10 dic 2014

PRANTANDO NABICOL NA HORTA

O venres en Pesqueiras tocounos prantar nabicol, a nai de Javi (Emma) e mais o pai de Roberto (José Luis) viñéronnos axudar. 
Primeiro fixemos cada un de nos un buratiño co sacho, despois metimos unha rama de nabicol nel e finalmente, tapámolo coa terra e mais un pouquiño de esterco.
Velaquí tendes a proba do noso traballo.



25 oct 2014

PREPARANDO A COMPOSTEIRA

O pasado venres na aula de Pesqueiras estivemos traballando no noso horto escolar.
Coa axuda de Trini (nai de Roberto) e da profe Luz  (que colabora este ano coa nosa aula no proxecto de voz natura) preparamos a composteira.
Na seguinte reportaxe de fotos tedes a secuencia de pasos que se han de seguir para facelo correctamente.



-

7 jun 2013

XVI EDICIÓN VOZ NATURA. BUSCA ALTERNATIVAS

Promover o aforro enerxético e fomentar o uso das fontes renovables, foron os obxectivos destacados da 16ª edición de Voz Natura.
 

No noso cole, un ano mais, participamos neste proxecto. Este curso xa fomos oito aulas as participantes e pronto se sumará Cabreira, que xa foi aceptada para o vindeiro curso escolar.

A continuación tedes unha publicación que resume todo o que traballamos e aprendimos.

(se clicades por riba da imaxe se amplia o docuemento)

2 jun 2013

FESTA DE FIN DE CURSO VOZ NATURA 2013

 ¿Foches a festa de voz natura e queres recordar os mellores momentos? 

 
¿Non puideches asistir e queres ver qué pasou?




Se clicas na imaxe accederas a tódala información, con fotos, videos do seu canal en youtube e moito mais.





 

3 may 2012

O NOSO TRABALLO CON VOZ NATURA

Grazas a voz natura, este curso aprendimos moitas cousas e fixemos moitas actividades. 

Na seguinte presentación tedes un resumo con todo detalle.

11 oct 2011

VOZ NATURA


Este curso volvemos a participar proxecto Voz Natura.

 Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar a la comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa terra.
  
Neste curso 2011-2012 Voz Natura alcanza a 15ª edición. Sumándose a  declaración del 2011 como Ano Internacional dos bosques nos prantexan con un obxectivo prioritario: reforestar os nosos montes.


As aulas de Meder, Oleiros, Arantei, Pesqueiras, Fornelos e duas novas aulas, A Vesada "A" e A Vesada "B" anímaronse a traballar co seu alumnado no proxecto que este curso voz natura propón para tódolos centros participantes.

Neste blog irán aparecendo noticias sobre os avances e os traballos que se fagan ao longo do curso, pinchando no apartado "voz natura" da barra lateral dereita poderedes desfrutar de todos eles.

Voz Natura tamén ten un blog moi interesante, cheo de noticias, recursos e xogos, podedes acceder a él clicando na imaxe superior.



Tamén podes seguir os seus pasos en facebook

29 may 2011

CONTO DO MEDIO AMBIENTE

Este ano os nenos e nenas do CRA elaboraron un conto conxunto entre tódalas aulas, como parte do proxecto voz natura.

É un conto centrado no coidado do medio ambiente e cada aula inventou unha páxina.

Esperamos que vos guste.