Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

31 oct 2024

COIDADO, COIDADO, XA ESTÁN AQUI....O SAMAÍN! (2ª parte)

 Pois seguimos a tope co Samaín. Nalgunhas aulas decidiron poñerse a cociñar e facer galletas monstruosas! Prepararón as receitas, foron mercar os ingredientes e por suposto meteron as mans na masa.

O resultado foi fantástico. Xulgade vós mesm@s!





CONTINUARÁ...

30 oct 2024

COIDADO, COIDADO, XA ESTÁN AQUI....O SAMAÍN! (1ª parte)

Como cada ano, o Samaín e o Halloween chaman á nosa porta. É unha época para traballar as nosas tradicións e as que veñen de fóra. Tamén para tratar o tema dos medos e por que non disfrazarnos e aprender novas palabras. Nas aulas xa comezamos. Ahí vai unha mostriña:




CONTINUARÁ...

12 abr 2024

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana, LAGOÍÑO, a nosa mascota da biblioteca, deixounos un agasallo moi especial...as MOCHILAS VIAXEIRAS!!! E xa saíron rumbo ás casas para que tódolos nenos e nenas poidan gozar dos libros e xogos durante unha semana. 
Lembrade coidar moito o material e aproveitade para compartir momentos en familia.
Boa semana!!!









14 mar 2024

SEMANA DA PRENSA

E seguimos traballando, desta volta conmemoramos a Semana da Prensa unido ao 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, investigando sobre Amelia Earthart da que se publicou una noticia recentemente:


Aquí unha mostra dos avións de papel de periódico e outros traballos elaborados polo noso alumnado 👋👋👋







13 mar 2024

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA-21 DE MARZO


    E para conmemorar este día
 temos á nosa disposición
 un MALETA VIAXEIRA
 toda chea de poesía!! 


 

28 feb 2024

PROXECTO MÓVETE POLA LAGOA-AS ABELLAS

Dende a Biblioteca de Centro ofrecemos recursos para continuar traballando no noso proxecto, e conseguir máis información sobre as abellas  🐝🐝




20 dic 2023

Guía de Nadal

O equipo de dinamización da lingua galega e o equipo de biblioteca elaboraron unha pequena guía cunha serie de recomendacións para este nadal, por se é do voso interese.

Esperamos que vos guste e vos sirva de axuda!

Felices festas!





3 dic 2023

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Novembro foi o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, polo que durante ese mes convertémonos en científicos e científicas e realizamos distintos experimentos nas aulas.

Se queredes ver o ben que o fixeron os nenos e nenas do CRA, premede no vídeo!





30 nov 2023

Recursos de Nadal

Xa se achega o Nadal, así que deixámosvos estes recursos para ir abrindo boca...

Esperamos que vos gusten!




18 nov 2023

Día das bibliotecas

Con motivo da celebración do día das bibliotecas (24 de outubro), a nosa mascota Lagoíño enviou a cada aula unha caixiña chea de libros e unha carta cunha noticia moi importante: unha proposta para todos os nenos e nenas do CRA para conmemorar este día.

Aproveitamos que polo magosto nos xuntamos todo o CRA para levar a cabo esta actividade, que consistiu en que cada neno/a colocou un fío de cor enredándoo cos outros, facendo ver como entre todos podemos crear algo moi grande. Simbolizando que estamos unidos grazas aos contos e ás bibliotecas, seguindo así o lema deste ano das bibliotecas escolares “Tecendo comunidades”.

Xa iniciamos tamén os préstamos das bibliotecas de aula. Este curso, como novidade, cada aula conta cun lector para que os propios nenos e nenas realicen de xeito autónomo os préstamos e devolucións dos libros.

A continuación deixámosvos unhas fotiños de todas estas actividades: 











13 nov 2023

MAGOSTO NO CRA A LAGOA 2023-2024

 

E velaquí o noso MAGOSTO!

Fixemos varias actividades, merendamos de marabilla, zampamos castañas e...cantamos e bailamos coas nosas familias!! 

Grazas á ANPA pola froita, os biscoitos, o chocolate e as castañas asadas que estaban boísmas!!!

Agradecer tamén á Asociación Leitarello por facilitarnos o uso da Casa de Cultura de Leirado

Vémonos na seguinte!







20 oct 2023

Biblio en marcha!

Damos comezo a un novo curso poñendo en marcha a nosa biblio!

Continuamos realizando melloras no espazo co que contamos co fin de poder abrir a nosa biblio á comunidade educativa nun futuro. E tamén estamos inmersos en tarefas de catalogación e etiquetado dos fondos debido ao cambio do sistema de xestión de bibliotecas Koha.

Non obstante, seguimos preparando moitas sorpresiñas para os nenos e nenas do CRA... algunhas das cales xa van en camiño...

De momento deixámosvos cunha pequena selección de material que fixemos para traballar a noite máis terrorífica do ano




e esta outra para traballar aspectos relacionados co Outono como os magostos, as colleitas,...





Esperamos que vos gusten!





29 abr 2023

Contadas en familia (Semana do Libro)

Aquí tedes un resumo das nosas contadas en familia, que levamos a cabo a semana pasada na semana do libro.




Grazas aos nosos nenos e nenas e as súas familias pola súa colaboración!




20 mar 2023

Semana da Prensa

Do 6 ao 10 de marzo celebramos a Semana da Prensa con distintas actividades. O equipo de dinamización da biblioteca fixo varias propostas que veredes a continuación:

- Unha instalación con periódicos














- E unha noticia sobre unha muller galega, aproveitando que esa semana tamén se celebrou o Día Internacional da muller e tendo en conta o plan proxecta que levamos a cabo no centro "Donas de si"


21 dic 2022

Recomendacións de Nadal

O equipo de dinamización da biblioteca elaborou unhas pequenas recomendacións de libros, xogos e películas, por se son do voso interese de cara ao Nadal!

Esperamos que vos gusten!

Felices festas!



2 dic 2022

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Premede no seguinte vídeo para descubrir as investigacións realizadas polo noso alumnado!







27 oct 2022

Día das bibliotecas

Con motivo da celebración do día das bibliotecas (24 de outubro) a biblioteca do CRA pónse en marcha un curso máis. 

Igual que o curso pasado, a nosa mascota "Lagoíño" preparou unhas caixiñas cheas de libros, algún xogo, dvd,... que viaxaron as distintas aulas para que todos os nenos e nenas poidan desfrutar de todos estes recursos cos que contamos. 

Con esta actividade inauguramos, por tanto, o servizo de préstamo de libros das nosas bibliotecas! 

A desfrutar en familia da maxia da lectura!










21 jun 2022

Recomendacións de lecturas

Os nenos e nenas do C.R.A. queren recomendar unha serie de lecturas para desfrutar durante este verán!

Só tedes que facer clic na imaxe, ampliar os documentos e ler os códigos QR que aparecen no díptico para ver estas fantásticas recomendacións!

Esperamos que vos gusten!

Felices vacacións!