Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas

28 sept 2024

Musicando o outono: Vivaldi

O outono comeza con ledicia aquí no CRA A Lagoa. Os nenos e nenas expresáronse libremente coas témperas sólidas ao ritmo das Estacións de Vivaldi. Educar o ouvido e experimentar cos materiais plásticos é importante para o desenvolvemento integral dos pequechos e pequechas e aquí no CRA A Lagoa sabémolo e practicámolo.

14 dic 2022

CANCIÓN DE NADAL PARA QUE AS FAMILIAS DELEITEN ÁS NOSAS NENAS E NENOS

 Por fin de novo retomamos o noso festival de Nadal!!! e de novo as familias subiremos ó escenario para cantarlle unha canción de Nadal ás nosas nenas e nenos. Aí vai o enlace á canción e animámosvos a que subades a cantar. Desde alí e teredes axuda coa coreografía que será  mooooooi sinxela e veredes por imitación funcionará. A cantar!!!!!

Aproveitamos para pedirlles ós Reis Magos, Apalpador e Papá Noel, que traian regalos que nos axuden a medrar, que fagan voar a nosa imaxinación e sobre todo, que podamos disfrutar en familia.


 
 
 
 
 
 

AGARDANDO 

OS REGALOS DE NADAL

(Iván Vale)


Se baixo unha costa nun monopatín,

se monto unha nora e vexo todo desde alí.

Se, xogando ao fútbol, marco un gol por fin...


Póñome moi alterado pero nunca tanto como cando

agardo na cama os regalos de nadal.

Non podo durmir co corazón a latexar,

pensando se me portei ben ou mal ou regular.

Paso a noite moi nervioso agardando os regalos de nadal.


Se salto á piscina desde o trampolín,

se xogo ao escondite e xa están preto de min,

se estou coa persoa que me chista a min

Póñome moi alterado pero nunca tanto como cando

agardo na cama os regalos de nadal.

Non podo durmir co corazón a latexar,

pensando se me portei ben ou mal ou regular.

Paso a noite moi nervioso agardando os regalos de nadal.



17 dic 2020

TRES REIS EN BICICLETA





Aí vai o vídeo desta canción, que a disfrutedes!!! E xa sabedes, se os Reis non che deixaron nin pan nin pandeireta, foi culpa da bicicleta!!!










29 ene 2019

DIA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O día 30 de xaneiro conmemórase o dia internacional da PAZ e a  non violencia. No CRA A Lagoa elaboramos este vídeo  coa canción de Paco Nogueiras, "Apertas que voan". Porque as apertas fanos sentir xenial!!!


 

Pero tamén cada aula traballou un día tan importante coma este elaborando diferentes  actividades como a pomba da paz de A vesada, o semáforo da paz de Arantei, as nubes con choiva de cores de Oleiros ou a Choiva da paz de Pesqueiras.









  



                                   

10 dic 2018

Xa arrecende a Nadal, así que haberá que ir ensaiando para cantar panxoliñas. Este ano, as nais, os pais e profes, imos deleitar ós nosos peques coa panxoliña "Metido nun ovo". Aí vai texto e música!



"METIDO NUN OVO"
 CANTIGAS DE REIS
Cantigas Populares Galegas


Os tres reises magos
van para Belén,
quitaron os zocos
para correr ben.

Lupe de Caveira
failles o café,
Esperanza de Macario
peneira de pé.
(bis)

Escoiten señores
o aguinaldo novo
que naceu o neno
metido nun ovo.

Escoiten señores
o aguinaldo vello
que naceu o neno
metido nun cesto.

Déano-lo aguinaldo
anque sexa pouco,
un bo bacallao
e a metade doutro.

De postre castañas
boas e ben grandes,
un molete enteiro
e un queixo de flandes.
(bis)


12 jun 2018


 Pois xa que en Nadal as familias o fixeron taaaaan ben, aí vai o novo reto, O Pirim pin pin, do grupo As Malvelas para cantar na festa de Fin de Curso, o vindeiro xoves 21 na carballeira de Lira   se o tempo o permite. Ide ensaiando!!!!



           






                

13 dic 2016

PANXOLIÑA DE NADAL PARA NAIS E PAIS

Ola a tod@s. Estanse achegando as festas de Nadal, e como xa saberedes, no noso festival de Nadal participamos todos. Como xa é tradicional as nais e pais (e coa colaboración das mestras), subidos todos no escenario, cantades unha panxoliña para os nenos. Non vos esquezaces de que o festival será o vindeiro mércores 21 de decembro na Casa Cultural de Salvaterra. Así que aí vai a panxoliña para que podades ir ensaiando e sabede que no festival tamén soará a música de fondo para que nos resulte máis doado.
Ánimo!!!!




LETRA

Xesusiño está nas pallas
súa nai está con el
xunto a el tamén están
o boi, a mula e máis Xosé
(BIS)

E VAMOS A VER,E VAMOS A VER
AO NOSO MENIÑO
QUE NACEU
COS OLLOS AZUIS E O PELO ROXIÑO
(BIS)

Acendede catro pallas
e vámonos pra Belén
cantarlle ron ron ao neno
pra facelo durmir ben.
(BIS)

E VAMOS A VER,E VAMOS A VER
AO NOSO MENIÑO
QUE NACEU
COS OLLOS AZUIS E O PELO ROXIÑO
(BIS)

Estas uviñas,uviñas
i estas castañas con mel
son pro meu meniño meigo
pro meu meniño Manuel
(BIS)

E VAMOS A VER,E VAMOS A VER
AO NOSO MENIÑO
QUE NACEU
COS OLLOS AZUIS E O PELO ROXIÑO
(BIS)


 DESCARGA AQUÍ A LETRA

8 dic 2015




Papis e mamis, este ano, como todos os anteriores, tedes a misión de cantar unha panxoliña para os nenos. As profes non vos deixaremos solos!! Este ano a panxoliña chámase "Señora iama da casa", que é unha peza tradicional, arranxada por Paulo Nogueira e Magoia Bodega, e está interpretada polas Cantareiras de "Ultreia". Está incluída no disco O Quiquiriquí, editado pola Asociación de Gaiteiros Galego, e no que se fai un repaso á nosa tradición no que se refire ó Nadal, desde os moitos diferentes puntos de vista.
Aí vai!!!


SEÑORA IAMA DA CASA 

CANTEMOS E MÁIS BAILEMOS 
NA MELLOR FESTA QUE HAI 
QUE HOXE NACEU UN NENO  
QUE ESTÁ NOS BRAZOS DA NAI 
(BIS)                                                                                                SEÑORA IAMA DA CASA 
VÉÑANOS A DESPACHAR 
QUE ESTÁ A NOITE MOI FRÍA 
NON PODEMOS AGHARDAR (BIS)
TEÑO UNHA PITIÑA TEÑO(BIS)                            
CON DOCE PITOS TAMÉN 
PRA REGALARLLE A MARÍA 
QUE ESTÁ PARIDA EN BELÉN 
(BIS)                                                                                              SEÑORA IAMA DA CASA… (BIS)

LOGO VIRÁN OS PASTORES 
QUE TAMÉN O QUEREN VER 
LEVAN OVOS E MANTEIGA 
E UNHA XARRIÑA DE MEL 
(BIS)                                                                                             SEÑORA IAMA DA CASA (BIS)

O DÍA DE NOITEBOA 
E O DÍA DE NADAL 
HEI COMER MOITAS CASTAÑAS 
QUE ME VAI DAR MIÑA NAI 
(BIS)                                                                                               SEÑORA IAMA DA CASA… (BIS)


7 mar 2015

CONCERTO FAMILIA MARIA FUMAÇA

Onte venres tiven o pracer de disfrutar dun divertidiiiiiiiisimo concerto. A enorme familia María Fumaça deleitabanos e divertianos cun xeneroso concerto, facéndonos disfrutar coa música do seu novo libro-cd-dvd XIQUI XOQUE FIU FIU, aínda que tamén recordamos cancións do anterior disco, como a da formiguiña ou Alegría. Aí vai un pequeno vídeo con parte da familia enviándonos un saúdo






6 mar 2015

PRESENTACIÓN DO LIBRO CD "GATUXO"

E para o domingo, neste caso tamén en Tui, o grande Magín Blanco presenta o seu derradeiro traballo, o libro cd "Gatuxo", que aínda que está dirixido para o primeiro ano de vida dos nenos, esta música con tan boa calidade é apta para todas as idades. Será o domingo ás 18.30 no Betún, un local onde se ofrecen grande variedade de concertos, e que se atopa no corazón do casco vello de Tui. Aí vai unha mostra deste traballo, aínda que calquera dos anteriores merecen a pena. Magín é un fantástico contador de historia ás que da vida coa súa música.






EVENTOS PARA A FIN DE SEMANA

Parece que se presenta un fin de semana cargado de actividades para nenos, e así como me gustan a min, MUSICAIS!! Mañá sábado, ás 17.00, no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, represéntase o espectáculo “Os tres porquiños", unha obra musical con bonecos a tamaño real.
Tedes máis información acerca do espectáculo e da retirada de entradas no seguinte enlace.

http://galiciasurpontevedra.es/?p=5118

4 mar 2015

Papis, mamis e familia. Este venres, a grande familia María Fumaça achegarase ó teatro de Tui ás 20.00 para presentarnos o seu novo libro cd-dvd "XIQUI XOQUE FIU FIU". Recoméndovos a todos este concerto do que poderedes disfrutar en familia. Por se o teatro se abarrotase, aí vai un enlace onde está a información por se vos animades a coller as entradas on line, http://www.culturatui.info/evento.php?filId=168&filLin=ga

Aí vai unha mostra do disco




7 dic 2014

OS REIS EN BICICLETA

Ola papis, mamis e familia dos nosos peques. Este ano, como todos, cantaremos unha panxoliña para os nenos. Nesta ocasión será "Os reis en bicicleta" do grupo musical infantil Mamá Cabra. Aí vai un vídeo e a ver se vos gusta tanto como a min!!!








2 may 2014

Aí vai unha canción que está a gustar moito no noso cole. Chámase "Miña Abuela Manuela" e pertence ó libro-cd "Pan de Millo", que é o último traballo dos magníficos Migallas Teatro.
Disfrutádea!!!!



9 dic 2013


Xa vai chegando o frío e co frío... O NADAL!!!!!! Sabedes que, como levamos facendo anos e anos, tódalas mamis, papis e profes cantamos xuntos unha panxoliña para adicarlla ós pequenos. Este ano eliximos "Aguinaldo" interpretada por Pancho Álvarez. Aí vai a letra e a música para que vaiades ensaiando. Ánimo!!!




AGUINALDO – Pancho Álvarez
  
1.Día de Reis,día de Reis!       2.Se queren da-lo aguinaldo,
Primeira festa do ano               Non nos fagan agardare
            Entre damas e doncelas           Somos de lonxanas terras
            Imos pedi-lo aguinaldo.           E temos moito que andaré.

3.Ese señor Emilio                    4. E ese señor Luis
Posto nunha vidrilleira               Moito lle pinta a chaqueta
Parece unha rosa fina                ¡Meta a man no seu bolsillo
Cando sae da roseira.(MÚSICA) E tíreme unha peseta!

5.¿De quen son eses botines      6. A ese señor Tomás
Que están debaixo da cama?      Moito lle pinta o sombreiro
Son da señorita Olga                 ¡Meta a man no seu bolsillo
Que ten cara de madama       Dénos un pouco diñeiro(MÚS)

7.¡Aquí ven, aquí ven                 8. Estas portas son de ferro
A vella co aguinaldo!                  Aquí vive un caballero
Parécenlle moitos cartos              Estas portas son de estopa
E algo vaille quitando.                Aquí vive un lapasopas.

9. ¡Día de Reis, día  de Reis!
Primeira festa do ano
Entre damas e doncelas
Imos pedi-la aguinaldo.




Aguinaldo mp3

Aguinaldo CRA 2013

Letra Aguinaldo CRA 2013

24 ene 2013

CANCIÓN 

DE MAMÁ CABRA PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ




11 dic 2011

PANXOLIÑA DE NADAL PARA OS PAIS

Hola a todos: 

Como xa sabedes por outros anos, e aos que non o sabedes por ser novos no cole vos informo, que tradicionalmente na festa de nadal, que este ano será o dia 21 de decembro, os pais e nais tamén teñen o seu momento de protagonismo e cantan unha panxoliña no escenario todos xuntos.

Pois ben, esta é a canción de nadal que este ano vos propoñemos, é algo distinta ao acostumado pero non vos preocupedes porque teredes a axuda do playback de fondo para seguir a melodia e mais a letra.



Berrogüetto. CANTIGAS DE NADAL. Nadal de Luintra

Cara Belén camiña
unha Nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada.

¿Quen chama á miña porta,
quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
que pedimos pousada.

Se traen cartos que entren
e senón que se vaian.
Cartos non traerei,
máis que un real de prata.

Isos son poucos cartos,
pídanno noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.

Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada,
¿qué máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?



8 jun 2011

PARA IR ENSAIANDO

Proximamente celebraremos todos xuntos a convivencia de final de curso. Este ano seremos hawaianos e hawaianas, e para estar ben preparados aqui vos deixo un video para que vaiades ensaiando coas profes no cole e tamén na casa.


11 feb 2010

Canción X Aniversario CRA A Lagoa.

O noso colexio

Xa cumpre dez anos,

Aquí en Salvaterra

Pasámolo ben

Todos estes anos

Traballando duro

Para que estes nenos

Poidan aprender

O CRA A Lagoa

É un centro especial

Oito escolas

nun mesmo caixón

O CRA A Lagoa

É un centro especial

Oito escolas

nun mesmo caixón

Todos os Mestres

Sentimos ledicia,

Sentimos paixón

De ensinar aquí

En definitiva

Isto é estupendo

Co paso dos anos

Cheos de ilusión

O CRA A Lagoa

É un centro especial

Oito escolas

Nun mesmo caixón

O CRA A Lagoa

É un centro especial

Oito escolas

nun mesmo caixón

ARANTEI,

BESADA, CABREIRA,

OLEIROS, FORNELOS

E PESQUEIRAS TAMÉN

ARANTEI,

BESADA, CABREIRA,

OLEIROS, FORNELOS

E PESQUEIRAS TAMÉN

NON ESQUEZAS,

MEDER E CORZÁNS

TODOS XUNTOS

IMOS FESTEXAR:

NON ESQUEZAS,

MEDER E CORZÁNS

TODOS XUNTOS

IMOS FESTEXAR (bis)

CUMPREANOS FELIZ

CUMPREANOS FELIZ

DESEXÁMOSTE TODOS

CUMPREANOS FELIZ

CUMPREANOS FELIZ

CUMPREANOS FELIZ

DESEXÁMOSTE TODOS

CUMPREANOS FELIZ (bis)

(Letra e música: José Carlos González Fernández)