Mostrando entradas con la etiqueta Festas e celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festas e celebracións. Mostrar todas las entradas

26 dic 2023

FESTIVAL DE NADAL NO CRA A LAGOA 2023/2024


Queridas familias:

Aquí tedes unha mostra das actividades que fixemos, e as actuacións do Festival de Nadal do pasado xoves 21 de decembro. 
Despedimos así este primeiro trimestre, esperamos que vos guste! 




Actuación de Inglés



Actuación de Corzáns, Oleiros e Pesqueiras




Actuación de Arantei e Vesada



Actuación de Cabreira e Fornelos



Actuación do profesorado e as familias



Grazas pola vosa colaboración e que pasedes boas festas!!
 













13 nov 2023

MAGOSTO NO CRA A LAGOA 2023-2024

 

E velaquí o noso MAGOSTO!

Fixemos varias actividades, merendamos de marabilla, zampamos castañas e...cantamos e bailamos coas nosas familias!! 

Grazas á ANPA pola froita, os biscoitos, o chocolate e as castañas asadas que estaban boísmas!!!

Agradecer tamén á Asociación Leitarello por facilitarnos o uso da Casa de Cultura de Leirado

Vémonos na seguinte!







6 nov 2023

SAMAÍN NO CRA A LAGOA 2023/2024

E aquí tedes o resumo do que foi a xornada das convivencias para celebrar o Samaín nas nosas aulas:



               Esperamos que vos guste tanto como o ben que o pasamos nós!!

3 oct 2023

Achégase o Magosto!

Estimadas familias!

Aquí estamos de novo preparando a festa do MAGOSTO, para o que imos precisar da vosa axuda.

Imos elaborar un PORTACASTAÑAS seguindo as indicacións seguintes:


Precisamos un envase tipo brick (de zume ou leite), limpiño, co nome e a poder ser confeccionado deste xeito:

Marcamos a metade do envase por 3 caras (da igual deixar sen marcar a cara ancha que a estreita):


Cortamos pola marca e dobramos pola cara que quedou sen marcar: 

Grampamos o envase pola parte dobrada para que colla a forma:


E… xa temos o noso portacastañas!

Un lado para as castañas e outro para as mondas porque… festa si, pero deixando todo limpo.

Na aula encargarémonos de decoralo, polo que precisamos que o traiades como moi tarde o venres 13 de outubro.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!



23 feb 2023

CONVIVENCIA DÍA DA PAZ

Celebramos o Día da Paz convivindo en harmonía, xogando xuntos, disfrutando do entorno e coñecéndonos todos mellor. Aquí vos deixamos un vídeo resumo de todo o que fixemos ese día e do ben que o pasamos.

17 ene 2023

FESTIVAL DE NADAL CURSO 2022-2023

 
E por fin aquí vos deixamos os vídeos do festival de Nadal deste ano.  Esperamos que vos gusten e que vos enchades de tenrura coas/cos vosas/vosos peques.


ACTUACIÓN DE PESQUEIRAS-ARANTEI-CABREIRA





ACTUACIÓN DE OLEIROS-FORNELOS



ACTUACIÓN DE CORZÁNS-VESADA




FAMILIAS BAILONGAS




O APALPADOR









25 jun 2021

Festa Graduación

Este ano máis que nunca os/as nosos/as cativos/as merecíanse un final de curso divertido, alegre e especial como o son cada un/ha deles/as e tiñamos que despedir aos maiores como se merecen. Quedámonos sen poder reunirnos en Lira, o tempo impediunos celebralo con auga como estaba xa previsto pero festexámolo en cada unha das escolas con moito agarimo e da mellor forma que soubemos; cunha celebración na que non faltaron os xogos, as risas, a maxia, os tan merecidos diplomas e orlas, e como non; as bágoas ao despedir á xeración de campión/as 2018-2021.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da festa de graduación deste curso.

Vesada


  Cabreira


 Oleiros






Pesqueiras



Corzáns


Arantei


Fornelos.










15 feb 2021

CELEBRAMOS O ENTROIDO

 Aínda que foi moi diferente, o venres celebramos o ENTROIDO no Cra a Lagoa, cada un na súa aula pero todos disfrazados de peregrinos. Elaboramos a Meca, gozamos de ricas merendas de entroido e por suposto, cantamos, bailamos, xogamos e trouleamos sen parar. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos.


    PESQUEIRAS


                                                 ARANTEI



CORZÁNS



                                                   FORNELOS
                                 



VESADA



CABREIRA


OLEIROS




5 feb 2021

VIDEO-TUTORIAL CAPA PEREGRINO










DE CAMIÑO Ó ENTROIDO



 No Cra A Lagoa seguimos o Camiño de Santiago e facemos a seguinte parada no Entroido, festa popular galega na que aproveitaremos para disfrazarnos de peregrinos.

BO CAMIÑO!

Aquí deixámosvos actividades (cancións, contos, xogos,...) relacionadas co entroido para que poidades gozalas en familia. Agardamos que vos gusten.




4 feb 2021

O ENTROIDO CHEGA Ó CRA A LAGOA

Este ano, conmemorando o ano Xacobeo e o noso proxecto sobre o Camiño de Santiago, imos ir disfrazados de peregrinos. 

Mañá imos deixar aquí as instrucións para facer a capa, pero para ir quentando motores, aquí tedes os MANDADIÑOS da MECA para a próxima semana.








27 dic 2020

Festival de NADAL

       O día 22 celebramos nas aulas o festival de Nadal que este ano estivo relacionado co Camiño de Santiago. Arantei  escolleu unha canción vinculada co Camiño  do Norte,  Cabreira co Camiño Primitivo, Cozáns co Camiño Inglés, Fornelos co Camiño Francés, Oleiros co Camiño de Fisterra a Muxía, Pesqueiras coa Vía da Prata e Vesada co Camiño Portugués.

Aínda que foi un festival moi diferente ao de anos anteriores, gozamos vendo as actuacións de todas as aulas, degustamos ricas merendas de Nadal, recibimos postais d@s nos@s compañeir@s das outras escolas e tivemos a visita do apalpador e tamén agasallos. Ademais, como fixo bo tempo, os nosos familiares puideron ver a nosa actuación en directo nos patios das escolas.  

Aquí deixámosvos unha mostra do noso FESTIVAL DE NADAL do 2020!!!            

FELICES FESTAS!!                             

                                                                

ARANTEI                                                                   

                                                         "Astonauta tronpeta flauta"              

                           

                        

PESQUEIRAS

                                                                               "Macarena"

                          

                                                     

  FORNELOS

               “ Bim bam toi”                                                                      

                                     


VESADA     

“Caminho de Viseu “

                                                                                                   

                               


CORZÁNS

                                                                           " I like to move It"

                        

            

CABREIRA

"Nun mos gusten los lunes"


OLEIROS

"Pousa, pousa"



E non podía faltar a visita do APALPADOR





Grazas  ao ANPA e ao Apalpador pola  vosa colaboración,
FELICES FESTAS!!







2 nov 2020

SAMAGOSTIN

O venres celebramos nas aulas o Samagostín, aínda que non puidemos celebralo todos xuntos como anos anteriores, pasámolo de medo disfrazados, baleirando cabazas, facendo manualidades,xantando terroríficamente, cantando, bailando, xogando,....mirade o ben que o pasamos. 
Preme no vídeo para visualizalo e na imaxe para ampliala.


 

ARANTEI
     
 


CORZÁNS

     
                                                                                                                            
                                                                    
VESADA

 





FORNELOS





CABREIRA




OLEIROS













26 oct 2020

SAMAGOSTÍN

 Este curso, dada a situación na que nos atopamos, non nos poderemos xuntar como anos anteriores para celebrar o SAMAGOSTÍN, pero sí o festexaremos nas aulas o vindeiro venres.

Aquí deixámosvos unha chea de terroríficas actividades para que vaiades quentando motores.




8 mar 2020

XORNADA POLA IGUALDADE

O venres celebramos na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño unha xornada pola IGUALDADE na que fixemos diferentes obradoiros: un de xogos coeducativos-cooperativos, outro no que elaboramos entre tod@s unha fermosa pancarta e visualizamos varias curtas de animación , e finalmente outro fantástico realizado por Realkiddys . Pero tamén tivemos a magnífica e divertidísima actuación de "AS MAIMIÑAS" e rematamos a xornada cantando e bailando  "As mozas son guerreiras".
Grazas a tod@s por colaborar connosco.









AS MAIMIÑAS

                           



"AS MOZAS SON GUERREIRAS"



4 feb 2020

Día Internacional da Paz e a Non Violencia

O pasado xoves celebramos  xunt@s este día na asociación de veciños XERME, en Cabreira, alí gozamos cun contacontos, tamén cantamos, fixemos diferentes manualidades, almorzamos e pasamos unha fermosa xornada de convivencia. Aquí tedes algúns momentos dese día.


















































______________________________________________

Doutra banda, durante toda esa semana,desde Atención Educativa e Relixión, os/as nenos/as estiveron a traballar para A PAZ E A NON VIOLENCIA.











23 dic 2019

FESTIVAL NADAL

O 20 de Decembro celebramos na Casa da Cultura de Salvaterra o noso Festival de Nadal que nesta ocasión foi temático e por iso tivemos diferentes estilos musicais: pop, rock, salsa, country,..
Foi unha mañá moi completa na que tivemos tempo para ensaiar tod@s xunt@s, merendamos rica froita, bica e rosca; tamén participaron as familias, decoramos a nosa árbore de Nadal e ata tivemos a gran sorte de recibir a visita do apalpador que chegou cun gran saco cheo de agasallos para os nen@s.
Aquí vos deixamos unha mostra deste día agardando  que gozásedes tanto coma nós.
GRAZAS coma sempre a tod@s por axudarnos e estar aí sempre connosco!!
FELICES FESTAS, VÉMONOS NO 2020!!!!!


ACTUACIÓNS


ARANTEI-FORNELOS


                            

A VESADA-CABREIRA


                                   CORZÁNS-PESQUEIRAS


                                            OLEIROS


                                              INGLÉS


                                              FAMILIAS



                                        APALPADOR





MONTAXES DE PRESENTACIÓN DAS ACTUACIÓNS


ARANTEI-FORNELOS


A VESADA-CABREIRA


                                     CORZÁNS-PESQUEIRAS




                                          OLEIROS

                                                   

                                              INGLÉS



                                            FAMILIAS










Plaza do Concello Salvaterra de Miño

                                   

4 nov 2019

Samagostín 2019


O mércores 30 de outubro celebramos na casa da cultura de Leirado o SAMAÍN E O MAGOSTO, ao que nós chamamos SAMAGOSTÍN. Aínda que tivemos un día de chuvia, non por iso deixamos de facer un montón de cousas e de pasalo en grande. Primeiro divertímonos cuns xogos, despois rimos e cantamos coa actuación de Migallas, tamén merendamos rica froita e chocolate, e ata a chuvia nos deixou saír a ver a fogueira para degustar as castañas e o riquísimo chocolate que nos fixo a ANPA.MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS por facer posible este día!!! 


AS NOSAS CABAZAS E MONSTROS



OS XOGOS E A MERENDA
 


A ACTUACIÓN DE MIGALLAS

TODOS XUNTO A FOGUEIRA







CASTAÑAS E CHOCOLATE,QUE RICO!!




27 jun 2019

FESTA FIN DE CURSO

Como todos os anos, o último día de clase celebramos en Lira a festa fin de curso para despedir e graduar ós nen@s de 5 anos e pasar un fermoso día xuntos cantando, bailando, comendo e xogando.
Moitísimas grazas a todos, especialmente a nosa ANPA, por colaborar sempre connosco!!
aquí vos deixamos unha mostra dese día.
A actuación dos graduados coa mestra Aloia non podemos recollela polo artigo 18 da Constitución regulado pola Lei 1/1982 do 5 de maio e a Lei 15/1999 do 13 de decembro, no que se regula o dereito de imaxe e a protección de datos xa que non temos autorización para amosar imaxes de todos os nen@s.
Feliz verán e ata setembro!!!

XOGOS


MERENDAS





CANTAMOS E BAILAMOS





GRADUADOS









         


FIN DE FESTA