O día 22 celebramos nas aulas o festival de Nadal que este ano estivo relacionado co Camiño de Santiago. Arantei escolleu unha canción vinculada co Camiño do Norte, Cabreira co Camiño Primitivo, Cozáns co Camiño Inglés, Fornelos co Camiño Francés, Oleiros co Camiño de Fisterra a Muxía, Pesqueiras coa Vía da Prata e Vesada co Camiño Portugués.
Aínda que foi un festival moi diferente ao de anos anteriores, gozamos vendo as actuacións de todas as aulas, degustamos ricas merendas de Nadal, recibimos postais d@s nos@s compañeir@s das outras escolas e tivemos a visita do apalpador e tamén agasallos. Ademais, como fixo bo tempo, os nosos familiares puideron ver a nosa actuación en directo nos patios das escolas.
Aquí deixámosvos unha mostra do noso FESTIVAL DE NADAL do 2020!!!
FELICES FESTAS!!
ARANTEI
"Astonauta tronpeta flauta"
PESQUEIRAS
"Macarena"
FORNELOS
“ Bim bam toi”
VESADA
“Caminho de Viseu “
CORZÁNS
" I like to move It"
CABREIRA
"Nun mos gusten los lunes"
OLEIROS
"Pousa, pousa"
E non podía faltar a visita do APALPADOR
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.