Mostrando entradas con la etiqueta Educación Física. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Física. Mostrar todas las entradas

29 mar 2011

Viaxe a selva (A trip to the jungle)

Dende a área de Educación Física e Inglés, os nenos e nenas do CRA, traballamos os animais da selva (jungle animals).

Durante dúas sesións en Educación Física, traballaron os desprazamentos de diferentes animais como leóns, tigres, serpes, elefantes... Tamén fixemos un conto motor titulado "Viaxe a selva".


En Inglés, aprenderon a recoñecer os nomes de distintos animais, así como os sons que emiten, utilizando o conto " Through the heart of the jungle", e a canción "Jungle animals", entre outras actividades.






18 jun 2010

EDUCACIÓN FÍSICA

Ola a todos. Mais vale tarde que nunca pero desde a área de Ed. Física gustaríanos achegar o noso granito de area a este marabilloso blog. Así que, con estes vídeos mostrámosvos algúns momentos das clases de educación física e a relación dos nenos co material que se lle presenta. A idea non é preparar a deportistas de elite, pero si que os nenos gocen do xogo a través de propostas divertidas e educativas. Quero resaltar tamén a resposta dos nenos que durante todo o curso foi excelente.
Gustaríame desexarlle aos que se marchan moita sorte e a todos unhas felices vacacións. Vémonos en setembro.
Aquí está o vídeo dos alumnos de Fornelos e A Vesada.

17 jun 2010

EDUCACIÓN FÍSICA

E agora os nenos de Meder, Corzáns e Cabreira.


EDUCACIÓN FÍSICA

Aquí tendes ós alumnos de Arantei, Pesqueiras e Oleiros.