Blog do Colexio Rural Agrupado A Lagoa, composto por 7 escolas: Arantei, A Vesada, Cabreira, Oleiros, Fornelos, Pesqueiras, Corzáns e con sede en Salvaterra de Miño, Rúa Rosalía de Castro 108 (Tlf.986659363)
24 jun 2024
26 feb 2024
Día De ROSALÍA DE CASTRO
O 23 de febreiro foi o DÍA de ROSALÍA DE CASTRO, cada unha das nosas aulas do CRA a Lagoa representaron unha estrofa dun poema da autora, con creatividade,imaxinación e moitas cores.
Aquí vos deixamos a nosa pequena homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO.
30 ene 2024
26 dic 2023
FESTIVAL DE NADAL NO CRA A LAGOA 2023/2024
23 dic 2023
POSTAIS DE NADAL PARA OS NOSOS MAIORES
ESTE ANO, OS NENOS E NENAS FIXERON UNHAS FERMOSAS POSTAIS E UNHA FELICITACIÓN DIFERENTE E MOI ESPECIAL PARA ENVIARLLES AOS MAIORES DA RESIDENCIA DE SALVATERRA.
NÓS TAMÉN RECIBIMOS AS SÚAS POSTAIS E UN VIDEO FELICITÁNDONOS AS FESTAS. FOI UN INTERCAMBIO MOI AGARIMOSO E AGARDAMOS FACER MAÍS ACTIVIDADES CON ELES.
AQUÍ PODEDES VER O RESULTADO:
BO NADAL!!!
20 dic 2023
Guía de Nadal
O equipo de dinamización da lingua galega e o equipo de biblioteca elaboraron unha pequena guía cunha serie de recomendacións para este nadal, por se é do voso interese.
Esperamos que vos guste e vos sirva de axuda!
Felices festas!
30 nov 2023
Recursos de Nadal
13 nov 2023
MAGOSTO NO CRA A LAGOA 2023-2024
Fixemos varias actividades, merendamos de marabilla, zampamos castañas e...cantamos e bailamos coas nosas familias!!
Grazas á ANPA pola froita, os biscoitos, o chocolate e as castañas asadas que estaban boísmas!!!
Agradecer tamén á Asociación Leitarello por facilitarnos o uso da Casa de Cultura de Leirado
Vémonos na seguinte!
6 nov 2023
SAMAÍN NO CRA A LAGOA 2023/2024
E aquí tedes o resumo do que foi a xornada das convivencias para celebrar o Samaín nas nosas aulas:
Esperamos que vos guste tanto como o ben que o pasamos nós!!
10 oct 2023
3 oct 2023
Achégase o Magosto!
Estimadas familias!
Aquí estamos de novo preparando a festa do MAGOSTO, para o que imos precisar da vosa axuda.
Imos elaborar un PORTACASTAÑAS seguindo as indicacións seguintes:
Precisamos un envase tipo brick (de zume ou leite), limpiño, co nome e a poder ser confeccionado deste xeito:
1º Marcamos a metade do envase por 3 caras (da igual deixar sen marcar a cara ancha que a estreita):
2º Cortamos pola marca e dobramos pola cara que quedou sen marcar:
3º Grampamos o envase pola parte dobrada para que colla a forma:
E… xa temos o noso portacastañas!
Un lado para as castañas e outro para as mondas porque… festa si, pero deixando todo limpo.
Na aula encargarémonos de decoralo, polo que precisamos que o traiades como moi tarde o venres 13 de outubro.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
23 jun 2023
REVISTA RANÍCULA NÚMERO 21
UN ANO MÁIS OS PRESENTAMOS A NOSA REVISTA RANÍCULA FEITA CON MOITO AGARIMO, AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
21 may 2023
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
AÍ VAI UN RESUMO DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS ADICADAS A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, UN DOS IMPULSORES DA CELEBRACIÓN DESTE DÍA.
15 may 2023
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: REFRANEIRO HORTA
XA ESTIVEMOS A TRABALLAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E FIXEMOS UN REFRANEIRO SOBRE A HORTA.
15 mar 2023
8M - ROSALÍA DE CASTRO
Celebramos o Día da Muller decorando unhas camisetas e lembrando versos dunha muller moi importante para a nosa Lingua: Rosalía de Castro. Aquí podedes ver o resultado.
1 mar 2023
O 23 de Febreiro celebramos como cada ano o día de Rosalía de Castro e este curso 2022-2023 os nenos e nenas do Cra a Lagoa coñeceron un pouco máis a esta autora a través dun Padlet con diversas propostas e traballando de diferentes xeitos algúns dos seus versos máis coñecidos.
Enlazaremos tamén a figura de Rosalía de Castro co Día da Muller polo que seguiremos traballando a vida e obra desta autora ao longo destas semanas. Pronto veredes o resultado!!!
28 jun 2022
REVISTA RANÍCULA Nº 20
Boas familias, xa tedes nas vosas casas a nova edición da nosa revista escolar pero tamén podedes vela no blog premendo na seguinte imaxe. Agardamos que vos guste!!
23 may 2022
LETRAS GALEGAS 2022. SEMENTANDO O GALEGO
9 mar 2022
8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER #SementadePensamentos#_rdc_2022
Os nenos e nenas do Cra, para conmemorar o Día da Muller e sumándonos ao LEMA: #SementadePensamentos #_rdc_2022 proposto pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), decoramos un zapato e plantamos Pensamentos recordando a unha muller moi importante:
"Eu son libre. Nada pode conter
a marcha dos meus pensamentos
e eles son a lei que rexe
o meu destino."
(Rosalía de Castro).
Aquí podedes ver como nos quedou a actividade:
ARANTEI |
CABREIRA |
CORZÁNS |
FORNELOS |
OLEIROS |
PESQUEIRAS |
VESADA |
23 feb 2022
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 23 de Febreiro celébrase o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO e os nenos e nenas do Cra a Lagoa fixeron varias actividades:
Tamén nos sumamos ao lema #SementadePensamentos proposto pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG),e comezamos decorando a foto de Rosalía con Pensamentos, a súa flor favorita, e continuaremos coa proposta para o Día da Muller.