Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

19 mar 2023

PLAN PROXECTA: ISABEL BARRETO e ENTROIDO 2023

Este ano, baseándonos no proxecto "Donas de sí", decidimos disfrazarnos de piratas e almirantes, baseándonos na figura de Isabel Barreto. Se queredes coñecer un pouco máis dela, a continuación, deixámosvos unha breve biografía.








Aquí vos deixamos as fotos e vídeos deste Entroido.  As nosas/nosos pequenas e pequenos piratillas pasárono xenial!!


DESFILE











TESTAMENTO




RAMONA




15 feb 2021

CELEBRAMOS O ENTROIDO

 Aínda que foi moi diferente, o venres celebramos o ENTROIDO no Cra a Lagoa, cada un na súa aula pero todos disfrazados de peregrinos. Elaboramos a Meca, gozamos de ricas merendas de entroido e por suposto, cantamos, bailamos, xogamos e trouleamos sen parar. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos.


    PESQUEIRAS


                                                 ARANTEI



CORZÁNS



                                                   FORNELOS
                                 



VESADA



CABREIRA


OLEIROS




5 feb 2021

VIDEO-TUTORIAL CAPA PEREGRINO










DE CAMIÑO Ó ENTROIDO



 No Cra A Lagoa seguimos o Camiño de Santiago e facemos a seguinte parada no Entroido, festa popular galega na que aproveitaremos para disfrazarnos de peregrinos.

BO CAMIÑO!

Aquí deixámosvos actividades (cancións, contos, xogos,...) relacionadas co entroido para que poidades gozalas en familia. Agardamos que vos gusten.




4 feb 2021

O ENTROIDO CHEGA Ó CRA A LAGOA

Este ano, conmemorando o ano Xacobeo e o noso proxecto sobre o Camiño de Santiago, imos ir disfrazados de peregrinos. 

Mañá imos deixar aquí as instrucións para facer a capa, pero para ir quentando motores, aquí tedes os MANDADIÑOS da MECA para a próxima semana.








11 feb 2018

ENTROIDO 2018

O pasado venres 9 de febreiro festexamos o entroido xunto co Ceip de Leirado e o Cep Carlos Casares pero nesta ocasión, por mor da choiva, non puidemos percorrer e dar cor as rúas de Salvaterra xa que decidimos xuntarnos todos no pavillón de Leirado.
Unha vez alí desfilamos todos os colexios xuntos, limos o testamento, merendamos, actuamos e queimamos o meco.
Aquí vos deixamos algúns momentos dese día e coma sempre moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración e participación nunha celebración tan especial e, que viva o entroido!!!

                                                      FOTOS AULAS



MOMENTOS DO ENTROIDO



TESTAMENTO DO MECO


                                     

ACTUACIÓN
"A horta de Balbina"



DESFILE




                               



26 feb 2017

ENTROIDO 2017

Como todos os anos, o pasado venres 24 de Febreiro, no CRA A Lagoa celebramos o tan desexado Entroido que comezou na praza do Concello onde nos xuntamos cos outros colexios para despois percorrer as rúas de Salvaterra de Miño e rematar no fermoso parque da Canuda cunha gran festa na que queimamos o meco, limos o manifesto, merendamos,actuamos, xogamos e trouleamos sen parar. Nesta ocasión,xa que andamos a traballar a Prehistoria nas aulas, o noso disfraz non podía ser outro que o de troglodita e a nosa actuación tamén tivo a mesma temática. Pasámolo fenomenal e ata tivemos a sorte de ter un fermoso día de sol. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasou a nosa tribu dos trogloditas da lagoa na celebración do Entroido e coma sempre: GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN.

11 feb 2016

O NOSO ENTROIDO NA PRENSA DIXITAL

A prensa tamén fíxose eco do noso entroido, pica no enlace e poderás velo.

http://grupoescomunicaciongalicia.com/?p=31823



7 feb 2016

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O venres 5 de Febreiro celebramos o tan ansiado ENTROIDO polas rúas de Salvaterra de Miño e no parque da Canuda , xunto co CEIP de Leirado e o CEP Carlos Casares.
Este ano a nosa comparsa "O PEQUENO REINO DO CRA A LAGOA" estaba chea de trasnos e fadas que primeiramente percorreron as rúas de Salvaterra baixo un fermoso sol para rematar no parque da Canuda onde tivo lugar a lectura do testamento, a queima do meco, e as diferentes actuacións dos colexios.
Aquí podedes ver o ben que o pasamos!!!










GRAZAS A TODOS UN ANO MÁIS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN!!

4 feb 2016

O ENTROIDO XA CHEGOU

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO E MAÑÁ, SE O TEMPO NOS DEIXA, A NOSA COMPARSA DE TRASNOS E FADAS ," O PEQUENO REINO DO CRA A LAGOA" PERCORRERÁ AS RÚAS DE SALVATERRA ANTES DE QUEIMAR O MECO E FACER A SÚA ACTUACIÓN ESTELAR NO PARQUE DA CANUDA.
AQUÍ VOS DEIXO UN PEQUENO ADIANTO, MIRADE QUE BEN O PASAMOS COS PREPARATIVOS E QUE  FEITIÑO QUEDOU O NOSO MECO QUE FOI PERCORRENDO TODAS AS AULAS DO CRA DURANTE ESTA SEMANA.








20 feb 2015

A HORTA DO CRA. ENTROIDO 2015

Este ano a temática da nosa comparsa era a horta.

Froitas, verduras e hortalizas acompañadas por unha morea de granxeiros e granxeiras que con cariño cultivamos e coidamos cada día, para que medren fortes e sanas, nos presentamos en Leirado por mor mor da choiva.

Como é costume estivemos acompañados por o ceip de Leirado e polo cep Carlos Casares, que nos mostraron a súa orixinalidade con temáticas variopintas como o restaurante Casares, que ofrecía o seu menú do día, os reloxios de Dalí, ou os científicos mais tolos de todo Salvaterra.



Chegado o momento das actuacións, e a ritmo do grupo "bom bom chip" bailamos a canción "toma mucha fruta".




Una vez mais grazas a tódolos colaboradores e colaboradoras e deica o ano que ven.

Se queredes ver mais fotos de todo o acontecido pinchade AQUI e accederás ao álbum web.




9 mar 2014

UN ENXAME  DE ABELLAS  NO ENTROIDO 2014  


 O pasado venres 28 de febreiro  os alumnos, pais e mestres do "CRA A Lagoa" nos xuntamos  cos CEIP "Carlos Casares" e de "Leirado" para celebra-lo Entroido, que este ano  tivo lugar no pavillón de Leirado a causa do mal tempo.

 Este curso estamos a desenvolver un proxecto  adicado ás abellas polo que non podía ser outra a temática escollida no Entroido.


A Vesada:



Meder:



 Arantei:


 Corzáns:


 Fornelos:


 Oleiros:


 Pesqueiras:


 Cabreira:



 Non vos esquezades de recompoñer este puzzle co enxame do CRA A Lagoa!!


 Preme  nesta  roda de arriba  e logo en reiniciar.

Velaquí tedes un resumo dalgúns dos momentos da festa de Entroido e o vídeo da nosa actuación: "O rock da abella".

        



Grazas a tódolos pais e nais e, por suposto, mestres  que tanto traballaron para que este enxame de abelliñas ( e tamén apicultores!)non parase    de zumbar en toda a mañá.

v










10 feb 2013

FESTA DO ENTROIDO 2013

o venres 8 de febreiro celebramos a tradicional comparsa de entroido. Todos xuntos, pais e nais, alumnos e alumnas e o profesorado do cra participamos no desfile polas rúas de Salvaterra. 


Este ano estamos aprendendo moitas cousas sobre os xogos olímpicos e por iso quixemos ir disfrazados de ese tema. 



Todos moi elegantes cos nosos traxes, gravatas e sombreiros, axitando as nosas bandeiras, fomos camiñando dende a praza do concello ata o parque da Canuda.



Ali no auditorio do parque limos o testamento e queimamos o meco. Finalmente fixemos unha actuación diante de tódolos presentes e tamén desfrutamos cos bailes dos outros colexios. o colexio de Alxen e o de Leirado que ian disfrazados de distintas épocas do ano os primeiros e de froitas e hortalizas os segundos.




Pasámolo moi ben, grazas  a tódolos que colaborastes para que un ano mais puideramos desfrutar dunha festa estupenda.

FELIZ ENTROIDO!!

31 ene 2013





 O ENTROIDO EN GALICIA


NESTE ENLACE ATOPAREDES RECURSOS E XOGOS

20 feb 2012

ENTROIDO 2012.


 Bip, Bip, Bip

Por fin chegou o tan esperado dia de entroido. 


O venres dia 17 de febreiro, diante da casa do concello de Salvaterra, estabamos citados os catro colexios do concello para comezar o desfile de comparsas polas ruas da vila.

Marcianos e marcianas, personaxes de contos, o fondo do mar, constelacions, planetas e astronautas, todos mostraron as súas actuacions no parque da canuda.

A nosa actuación poderedes recordala clicando no seguinte video.



Mais tarde, despois de almorzar foi o momento do tradicional pregón e a queima do meco. De todo o vivido tedes a continuación unha montaxe de fotos. Grazas a todos e feliz entroido.


12 feb 2012

XA ESTAMOS NO ENTROIDO

Xa estamos na semana de entroido, e como tódolos anos a tía Mónica xa dictou os seu mandadiños. Aquí volos deixo para que non esquenzades ningún detalle da indumentaria.


10 mar 2011

FESTA DE ENTROIDO 2011

Como estaba previsto o día 4 de marzo celebramos en Salvaterra o entroido. Espertouse un día fermoso e todos desfrutamos dunha maña moi divertida.

As 10 da maña comenzamos a chegar a estación do tren, tódolos participantes no desfile, alumnos , pais e nais e tamén os mestres e mestras preparados para lucir as nosas creacións.



Este ano estaban representados polos distintos centros educativos, o bosque e o seus seres fantásticos, o circo, os musicais e por suposto nós, os pintores. Mesmo nos acompañaba "Bob Esponja".

Foi unha maña moi movida, coas actuacións de todos, unha chocholatada e para rematar unha petición de indulto para o meco. Lástima que non nos fixeran moito caso, o meco acabou entre cinzas, era o seu destino.



28 feb 2011

EMPEZA O ENTROIDO.


Coa chegada do entroido, chega tamén a tía Mónica. Este ano trae estes mandatos: