Mostrando entradas con la etiqueta Audición e Linguaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Audición e Linguaxe. Mostrar todas las entradas

7 jun 2015

AUDICIÓN E LINGUAXE O NOSO TRABALLO

Moitos nenos nenas e outros tantos pais e nais se preguntan porqué unha profe do cole con nome raro (audición e linguaxe)  



ven unha vez por semana a súa aula e somentes se leva a "xogar" a uns cantos "elexidos" de entre todo o alumando. 



Durante todo o curso entrenamos e nos esforzamos para aprender a dicir as palabras que nos parecen difíciles.



 ¿Qué ten ese pequeno recuncho que axuda a falar mellor e a correxir a nosas dificultades?


Nada de misterio, a receta é moi sinxela, queredes coñecela?



Pica nas imaxes para ver os videos de cada aula.






17 abr 2015

LA LENGUA SALTARINA. ESTIMULACIÓN DEL LENGUAJE

Nas las clases de audición e lenguaxe traballamos a mobilidade da lingua con divertidas cancións. 
Desta vez participaron as aulas de Fornelos A y B e a aula de Arantei coa canción "la lengua saltarina" do grupo "cantando aprendo a hablar".
Velaquí o resultado.

 

 

21 feb 2015

APRENDIENDO A RESPIRAR CON PATRICK

A través do video de Maria José Fano (aprendo a respirar) nas  clases de estimulación da linguaxe estamos practicando como é a correcta repiración. 

A nosa mascota de audición e linguaxe (Patrick) nos está a axudar, 

 
Ponse nas nosas barriguitas e así notamos o seu peso enriba. 

 


 
Collemos aire polo nariz e Patrick sube.






 
 
Despois sopramos pola boca e botamos o aire cara as antenas do noso amigo.





 
Mentres a nosa barriga se desinfla.


Mirade que ben o facemos





22 oct 2014

PARA FALAR BEN TAMÉN TEMOS QUE ENTRENAR

Na clase de audición e linguaxe facemos moitos xogos que nos axudan a falar mellor.  Algúns días facemos exercicios de entrenamento da lingua e así fortalecemos os nosos órganos, grazas ao noso amigo Pepón resulta moito mais fácil. 
Aquí tedes algúns exemplos do noso traballo. 



-

29 may 2014

O Sr. Leoncio e os 5 sentidos

O TACTO

Este mes estamos a traballar nas sesións de Estimulación da Linguaxe os 5 sentidos:




O primeiro deles  foi o sentido do tacto. Para iso  a mascota do taller, "Leoncio, o Señor dos Sentidiños", trouxonos un montón de divertidas actividades:

                                         
Primeiro tocamos unha chea de cousas con distintos tactos: esponxa, velcro, algodón, lá, lixa, estropaxo, plástico con burbulliñas, etc.



 As mans con texturas:

Tódolos nenos tocaron as mans con diferentes texturas: suave, rugoso, áspero, granulado, etc. Despois cun divertido antiface  xogamos a buscar parellas de mans, a esquerda cun trianguliño  ou un cadrado a dereita na parte inferior.

                                                 


A bolsiña máxica do Sr. Leoncio  : 

Leoncio trouxo unha bolsiña cheíña de obxetos. Non  podíamos mirar dentro o que había, tiñamos que adiviñalo apalpando!


As pegadas do Sr. Leoncio:

Para o seguinte xogo tivemos que quitar os zapatos  e paseniño paseniño seguilas pegadas que  o Señor dos Sentidiños foi deixando para chegar ata el!!

                         
 As fichas  dos números e as vogais en Braille: lendo coas mans!

O Sr. Leoncio tamén nos ensinou que algunhas persoas que non ven  ben por ter unha discapacidade visual  poden ter que aprenden a ler, e tamén a escribir,  co tacto mediante un sistema chamado Braille. Tiñamos que "ler" coas  mans unhas sinxelas fichas feitas con puntiños en relevo.

                    
                 

Aquí tedes unha presentación para que vexades o ben que o pasamos:


tacto cra - Movie Maker

Nos próximos días o Sr. Leoncio seguirá a ensinarvos os outros 4 sentidos: olfato, gusto,vista e oído.

Ata pronto!!




8 nov 2010

IMITAMOS CARAS DE CABAZAS

Nestas semanas pasadas, polo motivo do samain, tódalas aulas se decoraron, e os nenos e as nenas xogaron coas mestras ao redor deste tema.

Na clase de Audición e Linguaxe, tamén fixemos un xogo que consistía en imitar caras de cabazas distintas.

Así, ademais de divertirnos, traballamos a mobilidade dos órganos articulatorios, a expresividade e a creatividade.