5 sept. 2019

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS



Hoxe tivemos a primeira reunión coas familias na Casa da Cultura de Salvaterra, no enlace que tedes debaixo poderedes atopar toda a información exposta.

https://drive.google.com/file/d/1R-OXZXKlYSuGbdIJcuG0a5kv1Ozq2Tkc/view?usp=sharing

2 sept. 2019

28 jun. 2019

LISTADO DE LIBROS CURSO 2019-2020

AQUÍ  VOS DEIXAMOS A LISTA DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO


27 jun. 2019

FESTA FIN DE CURSO

Como todos os anos, o último día de clase celebramos en Lira a festa fin de curso para despedir e graduar ós nen@s de 5 anos e pasar un fermoso día xuntos cantando, bailando, comendo e xogando.
Moitísimas grazas a todos, especialmente a nosa ANPA, por colaborar sempre connosco!!
aquí vos deixamos unha mostra dese día.
A actuación dos graduados coa mestra Aloia non podemos recollela polo artigo 18 da Constitución regulado pola Lei 1/1982 do 5 de maio e a Lei 15/1999 do 13 de decembro, no que se regula o dereito de imaxe e a protección de datos xa que non temos autorización para amosar imaxes de todos os nen@s.
Feliz verán e ata setembro!!!

XOGOS


MERENDAS





CANTAMOS E BAILAMOS





GRADUADOS









         


FIN DE FESTA


        

26 jun. 2019

REVISTA RANÍCULA Nº 18

     Benqueridas familias, coma sempre ao final do curso editamos a nosa revista Ranícula. Este ano fixemos una copia impresa moi xeitosiña para vós, e tamén está dispoñible para ver neste blogue. Dende o CRA A Lagoa desexamos que vos guste.


20 jun. 2019

CONVIVENCIA EN CABREIRA

Onte xuntámos todas as aulas na ASOCIACIÓN DE VECIÑOS XERME, en Cabreira, para facer a última convivencia deste curso. Alí pasámolo xenial coa asociación ACEESCA xogando, bailando, almorzando e ademais  fixéronnos dúas actuacións: A que sabe a Lúa e A ratita presumida. 
Botade un ollo a este vídeo!


Moitísimas grazas a tod@s por facer posible este día ..... e polo riquísimo almorzo!!!!

15 jun. 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

E por fin chegou o día da excursión de fin de curso. O pasado xoves 13, fomos a CORAZÓN DE CARBALLO, unha granxa escola musical en Tomiño, na que o pasamos en grande facendo xogos e actividades musicais, coñecemos un pouquiño máis a granxa e a horta, dando de comer aos animáis e plantando verzas. Pero  non todo foi traballar, tamén houbo tempo para repoñer forzas e comer bocadillos e froita riquísima.
Mirade que ben o pasamos!!!

                                             XOGOS


ALMORZO-XANTAR

                                        NA GRANXA




NA HORTA



OBRADOIRO DE MÚSICA