30 sept 2024

Se chove, que chova! Nós vedimamos igual!

A pasada semana tiñamos unha saída prevista a unha finca do avó Luis para vendimar. A climatoloxía non nos acompañou e tivemos que suspendela. Puxémonos bastante tristes. Pero os sentimentos mudaron cando o avó Luis e o papá Julián trouxeron a vendima á nosa aula. Foi unha xornada estupenda. Trouxeron todo moi ben preparado e comprendimos moi ben o proceso da uva ao viño. As fotos o din todo!
Estabamos tan agradecidos que antes da súa chegada preparamoslles unha tarxeta de agradecementos cos nosos nomes.
Con moito coidado e seguindo as indicacións dos expertos, todas e todos cortamos un acio de uvas.
Ata a profe quixo probar!
Tamén nos falaron de como se facía a vendima antes.
E ata nos trouxeron unha máquina para ver como se fai agora o de espremer as uvas.
Quedamos abraiados co resultado!
E eles marcharon emocionados co noso agasallo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.