Mostrando entradas con la etiqueta Aula de Corzáns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aula de Corzáns. Mostrar todas las entradas

14 may 2023

Convivencia Corzáns e Arantei

Ola familias!

O pasado xoves tivo lugar a convivencia entre as aulas de Corzáns e Arantei.

Aprendemos como é e como funciona un muíño e axudáronnos a facer fariña. Máis tarde, fixemos xogos populares, como podedes comprobar nas imaxes.

Para terminar, ao día seguinte, xa cada grupo na súa aula, cociñamos coa fariña obtida o día anterior. O resultado foi delicioso!

Grazas a todos e a todas os que colaborastes connosco.









5 may 2023

Convivencia Arantei e Corzáns.

Ola familias!

Aquí deixámosvos algunhas das actividades que fixemos na convivencia celebrada entre as aulas de Arantei e Corzáns.

Pasámonolo moi ben!








 

8 abr 2014

DÍA DA ÁRBORE

O pasado 26 de marzo conmemoramos o día da árbore en diferentes escolas. Mirade como disfrutamos os nenos e nenas de Corzáns, Fornelos e Arantei.

Convivencia día da árbore CO+AR+FO 2014 - Video Maker


Tamén o pasamos moi ben os nenos e nenas de Meder, Oleiros e Vesada.

CONVIVENCIA VESADA, MEDER E OLEIROS - Video Maker


E por último, e non por eso menos importante, os nenos e nenas de Cabreira e Pesqueiras.

6 nov 2013

                 AS CABAZAS DA AULA DE CORZÁNS

SAMAÍN 2013

22 may 2012

Esta é a nosa escola ...... CORZÁNS

Os nenos e nenas da aula de Corzáns invitámosvos a que coñezades cómo é a nosa aula e algunhas das cousas que adoitamos facer nela. Mirade que chula....... 


19 mar 2012

OS PAPIS DE CORZÁNS ESTÁN DE PARABÉNS

Por ser hoxe un día especial para os papis..... os nen@s de CORZÁNS fixémoslles un agasallo moi colorido....

Un marco xenial coa nosa foto !!!!!!!


Aquí vos deixamos as fotos para que vexades que ben nos quedaron...

Click to play this Smilebox scrapbook

Create your own scrapbook - Powered by Smilebox








12 ene 2012

OS REIS MAGOS EN CORZÁNS

Os Reis Magos de Oriente deixáronlle os nen@s de Corzáns un montón de regalos porque o ano pasado portáronse moi, moi, moi ben.
Mirade que ben o pasamos lendo a carta que nos escribiron e abrindo os regalos.....


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
A free picture collage by Smilebox

3 dic 2011

Xuntanza CORZÁNS-MEDER

Os nen@s da escola de Corzáns fixeron un cartel de benvida para os nen@s da escola de Meder que nos viñeron a visitar












Para celebrar a nosa xuntanza fixemos un cadro conmemorativo co fin de recordar no futuro tan sinalada data. Mirade que artistas estamos feitos....



E Anxo Moure contounos unhas historias moi orixinais

14 jun 2011

Henri MATISSE en CORZÁNS

Este curso os nen@s de Corzáns estivemos traballando a Henri Matisse que foi un pintor francés que fixo uns cadros estupendos....

Primeiro empezamos coñecendo cómo era Matisse gracias a unhas fotos que sacamos de Internet e tamén cales eran as letras do seu nome e a súa firma... Todo isto reflexámolo nun mural, mirade....... Outro día fixemos o cadro que pintara Matisse titulado "A tristeza do rei" que moito nos deu que falar: que se tocaba a guitarra ou era gaiteiro, que se era Outono porque había follas... Xulgade vos o que vos parece...












Máis adiante traballamos mollando tizas en auga e azucre e fixemos o cadro de Matisse titulado "As flores". Quedounos moi colorido!!!










Tamén aprendimos que se pode pintar aínda que se esté enfermo.... Matisse dende a cama recortando papeles de moitos colores fixo, entre outros, o cadro titulado "O caracol" e así o fixemos os nenos de Corzáns.......















E xa por fin para rematar o noso traballo do gran pintor Henri MATISSE fixemos entre todos o cadro "A noite de Noel"







11 mar 2011

Os peliqueiros de Corzáns




Os nen@s de Corzáns tamén nos disfrazamos este entroido de peliqueiros.... Aí vai un retrato do guapos que estabamos....



21 nov 2010

¡¡¡¡¡¡¡ Plantamos duas aciñeiras !!!!!!!

HOLA, somos os nen@s da aula de Corzáns.

Hai uns dias o gran Bob Esponxa

enviounos un paquete que traia todo o necesario para plantar duas aciñeiras. Tamén nos enviou un folleto onde nos explicaba por que é moi importante que haxa árbores no noso planeta; ademais ensinábanos como debiamos plantar e coidar todos os días as nosas aciñeiras.
Así que puxémonos mans á obra:


1. Botámoslle terra á maceta:













2. Botamos a durmir as landras -como nos ensinou Bob Esponxa-:














3. Tapámolas cun pouco máis de terra:







4. Regamolas case que todos os días:















Esperamos que cos nosos coidados as nosas duas aciñeiras saian andiante e poidamos transplantalas (cando crezan un pouquiño máis) a un monte onde haia máis aciñeiras coma elas para que non estean tan soliñas.

Ata a próxima!!!!

27 jun 2010

ÚLTIMOS MOMENTOS XUNTOS




























MOMENTOS ENTRAÑABLES QUE PERMANECERÁN VIVOS NA NOSA MEMORIA PARA SEMPRE, E QUE O TEMPO NON BORRARÁ XAMÁIS!
QUE NENOS E NENAS MÁIS GUAPOS, LISTOS E BOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ESTAS ÚLTIMAS FOTOS QUE PUBLICO NESTE BLOG, SON UNHA PEQUENA HOMENAXE QUE QUERO ADICAR ÓS MEUS NENIÑOS/AS DE CORZÁNS E AS SÚAS FAMILIAS
DE ÁNGELES QUE UN BO DÍA TIVO A SORTE DE SER MESTRA EN CORZÁNS E TRABALLAR NO C.R.A A LAGOA.