Por fin de novo retomamos o noso festival de Nadal!!! e de novo as familias subiremos ó escenario para cantarlle unha canción de Nadal ás nosas nenas e nenos. Aí vai o enlace á canción e animámosvos a que subades a cantar. Desde alí e teredes axuda coa coreografía que será mooooooi sinxela e veredes por imitación funcionará. A cantar!!!!!
Aproveitamos para pedirlles ós Reis Magos, Apalpador e Papá Noel, que traian regalos que nos axuden a medrar, que fagan voar a nosa imaxinación e sobre todo, que podamos disfrutar en familia.
AGARDANDO
OS REGALOS DE NADAL
(Iván Vale)
Se baixo unha costa nun monopatín,
se monto unha nora e vexo todo desde alí.
Se, xogando ao fútbol, marco un gol por fin...
Póñome moi alterado pero nunca tanto como cando
agardo na cama os regalos de nadal.
Non podo durmir co corazón a latexar,
pensando se me portei ben ou mal ou regular.
Paso a noite moi nervioso agardando os regalos de nadal.
Se salto á piscina desde o trampolín,
se xogo ao escondite e xa están preto de min,
se estou coa persoa que me chista a min
Póñome moi alterado pero nunca tanto como cando
agardo na cama os regalos de nadal.
Non podo durmir co corazón a latexar,
pensando se me portei ben ou mal ou regular.
Paso a noite moi nervioso agardando os regalos de nadal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.