20 oct 2023

Biblio en marcha!

Damos comezo a un novo curso poñendo en marcha a nosa biblio!

Continuamos realizando melloras no espazo co que contamos co fin de poder abrir a nosa biblio á comunidade educativa nun futuro. E tamén estamos inmersos en tarefas de catalogación e etiquetado dos fondos debido ao cambio do sistema de xestión de bibliotecas Koha.

Non obstante, seguimos preparando moitas sorpresiñas para os nenos e nenas do CRA... algunhas das cales xa van en camiño...

De momento deixámosvos cunha pequena selección de material que fixemos para traballar a noite máis terrorífica do ano




e esta outra para traballar aspectos relacionados co Outono como os magostos, as colleitas,...





Esperamos que vos gusten!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.