20 ene. 2010

A AULA DE CABREIRA

Hola a todos, somos os nenos e nenas da aula de Cabreira, en total somos 12, 7 nenos e 4 nenas, e a nosa titora Pepita. Aquí estamos con ela o día que celebramos a festa de Samaín.



Estamos situados preto de Salceda de Caselas, mais ou menos no medio entre este pobo e Arantei.




A nosa aula é moi bonita, hai debuxos e carteis pegados po
r tódalas paredes e o sol entra polas ventás dende primeira hora da mañá.









Neste recanto están os puzzles, os nosos traballos e os libros. Tamén está a porta do baño e a da entrada a aula, que están pintadas con debuxos das nosas persoaxes de contos favoritas.









Este é o recanto onde, cada maná, dámonos os bos días, pasamos lista, poñemos a data, e miramos o tempo que fai. Despois o que quere, pode contar algo que lle pasou e compartilo con todos.








Neste outro recanto temos a pizarra e a colchoneta, onde gardamos os coxíns para sentarnos no chan a escoitar o que nos teñen que explicar os mestres e as mestras.







Tamén gústanos xogar no patio, temos un xardín con árbores para correr ou xogar cos nosos xoguetes.















Cando é o día de cumpreanos dalgún compañeiro ou compañeira facemos unha festa, con tarta, e chuches para todos.













Seguimos aprendendo, rindo e xogando e de todo elo darémosvos conta noutras publicacións. Unha aperta.



1 comentario:

  1. Ola nenos de Cabreira e profe Pepita; somo sos nenos da aula de Oleiros e queremnos saudarvos. Nos somos 15, 6 nenos: Lois, Brais, Pablo, DAni, ANxo e Arón e 9 nenas: Carmen, Paula, Iris , MAría Adriana, ANdrea, NErea; Lucía Suarez e Lucía Alves e a profe Pili. Moitos bicos e apertas.

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.