21 nov. 2010

¡¡¡¡¡¡¡ Plantamos duas aciñeiras !!!!!!!

HOLA, somos os nen@s da aula de Corzáns.

Hai uns dias o gran Bob Esponxa

enviounos un paquete que traia todo o necesario para plantar duas aciñeiras. Tamén nos enviou un folleto onde nos explicaba por que é moi importante que haxa árbores no noso planeta; ademais ensinábanos como debiamos plantar e coidar todos os días as nosas aciñeiras.
Así que puxémonos mans á obra:


1. Botámoslle terra á maceta:













2. Botamos a durmir as landras -como nos ensinou Bob Esponxa-:














3. Tapámolas cun pouco máis de terra:







4. Regamolas case que todos os días:















Esperamos que cos nosos coidados as nosas duas aciñeiras saian andiante e poidamos transplantalas (cando crezan un pouquiño máis) a un monte onde haia máis aciñeiras coma elas para que non estean tan soliñas.

Ata a próxima!!!!

1 comentario:

  1. Quero ver esas aciñeiras cando medren...
    non vos esquezades de regalas...

    un saudo: "o gran BOB ESPONXA"

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.