23 feb. 2010

Recomendacións do Primeiro Trimestre

Ola a todos/as! Dende a biblioteca do noso Cra, este curso comezamos a recomendar libros tanto para os nenos e nenas como para as familias, xa que a lectura e unha boa forma de entrenemento e de enriquecemento tanto do noso vocabulario coma da nosa imaxinación e creatividade.

A continuación expoñémovos as recomendacións que xa enviamos ao final do primeiro trimestre ás familias en formato de papel e que queremos compartir co resto de xente que pode acceder ao noso blog.




BENVIDOS Á NOSA AULA DE CORZÁNS!!!!!!!!!!!

A aula de Corzáns atópase xeográficamente situada a 6 kilómetros do casco urbano de Salvaterra de Miño. Está dentro da Casa da Cultura de Corzáns. Xunto a pequena capela do Pilar.

No presente curso 2009-10 somos 11 alumnos.

A nosa mestra chamase Ángeles.

Na nosa aula pasámolo moi ben, xogamos moito na mesma aula e no patio, que é inmenso, e tamén aprendemos moitas cousas !!!!!!!!!!!!

Temos unha veciña moi especial que é unha égoa que se chama Quia, o seu cortello está ó carón da aula onde hai un laranxo que no inverno nos da ricas laranxas,que xa comemos todas!!!!!!!!
As fotos xa volas ensinaremos!!!!!!!!!!!

Bicosssssssssssssssssssssss

AULA DE FORNELOS



Ola , somos os nen@s da escola de Fornelos.En total como podedes ver na foto somos 20 nen@s ; 6 de 3 anos : Zaida, Lucía, Xoel, Nerea Pacheco, Sergio, e Idaira; 6 de 4 anos : Laura, Marta, Sara, Nerea Brandao, Nerea Casales e Paula e 8 de 5 anos : Roi, Kevin, Diego, Carla, Adrián, Raquel , Miguel Ángel e Nerea Martínez.





A nosa profe chámase Begoña, aínda que pola nosa escola ven moitos profes: o profe Moisés (E.Física), a profe Cruz(apoio) , a profe Elena (Apoio), a profe Luz (A.Linguaxe), a profe Silvia (Relixión), o profe J.Carlos(Música) e a profe Uxía( Inglés).


A nosa escola é moi grande, ten 1 aula moi grande, outra para facer Educación Física, 2 baños, 1 almacen e 1 despacho.
Dentro da nosa escola aprendemos moitas cousas, pero tamén nos divertimos nos recantos: da casiña, dos puzzles, das construccións, mirando contos, xogando no ordenador e na pizarra, facendo un montón de cousas coa plastilina, ...


O patio da nosa escola tamén é grande, nel hai 3 carballos grandes, 1 areeiro, un lugar cuberto onde temos os xoguetes e a nosa "casiña", temos columpios, 1 balancín e 2 cabaliños.Pasámolo xenial xogando nel o fútbol, na casiña, nos columpios, á pita, ás agachadas, facendo obras no areeiro...




















16 feb. 2010

ENTROIDO 2010


O Pasado venres 12 de Febreiro celebramos a festa do entroido. Este ano íamos de "Festa de aniversario" así que tódolos nenos, nenas , profes, pais e nais que se animaron a vir levábamos un traxe de pasteleiros e unha gran tarta de aniversario.

Tivemos moita sorte co tempo, porque ainda que facía frío non chovia e puidemos desfrutar do desfile que tiñamos planeado dende a estación de tren, ata o parque da Canuda.

Non estábamos sos, tamén desfilaban os alumnos do CEIP Infante Felipe de Borbón (coa comparsa "Camiño de santiago"), o CEIP de Leirado (coa comparsa "Alicia no pais das marabillas") e o CEP Carlos Casares (coa comparsa "Isto é unha paiasada")




Ao chegar ao parque, actuamos para tódolos presentes e tamén vimos as actuacións dos demais colexios. Tamén nos deron chocolate quente para merendar e as nosas profes repartiron galletas e biscoitos para mollar nel.

Para rematar vimos una actuacion dun contacontos estupendo que nos contou o conto do "traxe novo do rei".

Grazas a todos e todas os que colaboraron e se animaron a participar nesta gran festa. Deíxovos co video e as fotos para que lembredes este gran día.



CUMPRIMOS OS MANDATOS DA TÍA MÓNICA

Os nenos e nenas de A Vesada cumpriron os mandatos da tía mónica durante tódala semana, aqui tedes a proba.


15 feb. 2010

A semana do entroido


Durante a semana do entroido os nenos de Oleiros seguimos os mandatos da Tía Mónica.

Estivemos moi simpáticos cos seus mandatos, mirade, mirade:
aquí estamos cos nosos bonitos mandiles

Tamén cos gorros, que ata os tiñamos a xogo.

Xa só nos faltaba o bigote








XA ESTAMOS LISTOS PARA FACER O PASTEL DE ANIVERSARIO DO COLE E OS NOSOS TRAXES DE ENTROIDO.

11 feb. 2010

Canción X Aniversario CRA A Lagoa.

O noso colexio

Xa cumpre dez anos,

Aquí en Salvaterra

Pasámolo ben

Todos estes anos

Traballando duro

Para que estes nenos

Poidan aprender

O CRA A Lagoa

É un centro especial

Oito escolas

nun mesmo caixón

O CRA A Lagoa

É un centro especial

Oito escolas

nun mesmo caixón

Todos os Mestres

Sentimos ledicia,

Sentimos paixón

De ensinar aquí

En definitiva

Isto é estupendo

Co paso dos anos

Cheos de ilusión

O CRA A Lagoa

É un centro especial

Oito escolas

Nun mesmo caixón

O CRA A Lagoa

É un centro especial

Oito escolas

nun mesmo caixón

ARANTEI,

BESADA, CABREIRA,

OLEIROS, FORNELOS

E PESQUEIRAS TAMÉN

ARANTEI,

BESADA, CABREIRA,

OLEIROS, FORNELOS

E PESQUEIRAS TAMÉN

NON ESQUEZAS,

MEDER E CORZÁNS

TODOS XUNTOS

IMOS FESTEXAR:

NON ESQUEZAS,

MEDER E CORZÁNS

TODOS XUNTOS

IMOS FESTEXAR (bis)

CUMPREANOS FELIZ

CUMPREANOS FELIZ

DESEXÁMOSTE TODOS

CUMPREANOS FELIZ

CUMPREANOS FELIZ

CUMPREANOS FELIZ

DESEXÁMOSTE TODOS

CUMPREANOS FELIZ (bis)

(Letra e música: José Carlos González Fernández)

9 feb. 2010

AULA DE A VESADA




Holaaaa, nós tamén queremos que coñezades a nosa aula. No noso patio xuntámonos moitísimos nenos e nenas, pois aquí temos duas aulas, unha para os que empezamos este ano no cole con 3 anos e outra para os de 4 e 5.






Mirade, mirade, aquí estamos os de 3 anos.














E os de 4 e 5 tamén temos unha clase chulísima onde aprendemos moitísimas cousas.





E o patio, por suposto é onde mellor o pasamos, É ENOOOOORMEEEE!!!!
Moi pronto teredes noticias nosas.






2 feb. 2010

ESTA É A NOSA AULA



Ola, somos os nenos e nenas de Arantei, ademais de traballar as fichas e xogar no patio, facemos actividades moi divertidas coas que aprendemos un montón. Aquí vai un resumo dalgunhas das cousas que fixemos no primeiro trimestre.

Coa pizarra dixital, facemos moitas actividades e nos divertimos, nestas fotos estamos a realizar un debuxo abstracto entre todos.









Cando chegou o outono, fixemos un mural estampando follas de
diferentes formas, no noso recuncho dos artistas.














Probamos distintos tipos de froita

















E participamos d
un obradoiro de

brochetas que estaban boísimas.







Fixemos a nosa vendima particular




Dende a
selección da uva,













Ata o esmagado












E rematando coa extracción do líquido.
















Celebramos os cumpreanos,

aquí estamos no aniversario de Sara.










En samaín valeiramos cabazas e adornamos a aula,

tamén nos disfrazamos de vampiros para recibir a bruxa Patuxa.










Bueno, isto é todo polo momento..... seguiremos informando nas nosas novidades en moi pouquiño tempo.

DESCUBRIMOS COUSAS SOBRE O INVERNO

Neste mes de xaneiro estamos a descubrir moitas cousas sobre o inverno.



Coa axuda do trasno da nosa aula "Ioliro" comezamos a investigar e descubrir a vida nas zonas mais frías do noso planeta.





Tamén investigamos sobre as características das súas casas e a súa temperatura.



















Os seus animais, a súa vida na neve








E mesmo creamos o noso recanto do inverno, onde descubrimos moitíiiisimas cousas novas.




E descubrimos unha adiviña:

"Un home moi branco
no medio do frío
que cando sae o sol
convírtese en río"

¿Adiviñas qué é?