23 mar. 2010

AULA DE A VESADA 4/5








Fai xa unhos meses un neno do noso cole estivo maliño e por iso faltou moitos días ao cole. Os nenos de A Vesada quixemos enviarlle un agasallo e así entre todos fixémoslle un pequeno libriño con debuxos de cada un de nós.








Todos participamos e a profe axudounos a monta-lo. Finalmente quedou ¡Chulísimo!




e ademáis sabemos que lle gustou moitísimo.

16 mar. 2010

AS NORMAS DA ESCOLA

Durante o primeiro trimestre o equipo de Convivencia Escolar levamos a cabo unha actividade moi particular, traballamos as NORMAS DA ESCOLA. Queredes saber como fixemos?... pois primeiro creamos para cada norma unha rima, logo coas rimas decidimos crear un RAP e o gravamos para que vexades o ben que sabemos rapear. Por último aproveitando todo o material pensamos que o mellor sería facer un video-clip. E aqui tedes o resultado.... O mellor de todo foi o proceso de gravación no que disfrutamos moito.

FESTA 10º ANIVERSARIO DO CRA A LAGOA


Este ano 2010 o noso CRA cumpre 10 anos e queremos celebralo.

A data probable da festa será o sábado 12 de xuño, no parque da Canuda de Salvaterra de Miño.





Se formaches parte do equipo educativo deste centro e queres vir a festa, fáinolo saber escribindo ao noso enderezo electrónico ( cra.alagoa@edu.xunta.es ) ou ben a través dunha chamada ao teléfono 986 659 363

Tamén nos gustaría que enviases as túas impresións, vivencias, recordos ...... do teu paso polo CRA. Para iso podes deixar un comentario nesta entrada, ou no enlace que atoparás na parte superior do blog.

Mais adiante colgaremos mais información sobre isto, estade atentos a novas entradas do blog.

Agardámosvos a todos e todas. Unha aperta.

12 mar. 2010

FACEMOS CARETAS







Na escola de Fornelos , na semana antes do Entroido fixemos caretas para disfrutar desta festa, unha delas foi a careta de oso /osa .Para a súa elaboración tivemos que colorear, recortar, picar..Iste foi o resultado...






10 mar. 2010

FESTAS DO INVERNO III : ENTROIDO


PASÁMOLO MOI BEN

COS MANDATOS DA TIA

MÓNICA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




DISFRAZÁMONOS DE PASTELEIROS E PASTELEIRAS!!!

FESTAS NO INVERNO II : DÍA DA PAZ




Para que o amor chegue a tódalas partes do mundo, e así consigámola paz, os nenos de Corzáns coloreamos a palabra AMOR.


O AMOR É UN SENTIMENTO MOI IMPORTANTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!



¿CÓMO FOI A SEMANA DA TÍA MÓNICA NA ESCOLA DE FORNELOS?


Como tódolos anos chega á escola de Fornelos a " Tía Mónica" , iste ano co seu gorro de pasteleira e cos seus mandatos.

Pasámolo moi ben nesta semana traendo o mandil, algo na cabeza, o pano colgado e sobre todo co bigote.

!Mirade como quedamos!




OS NEN@S DA ESCOLA DE FORNELOS TAMÉN TEMOS MASCOTAS NA CASA

Nas nosas casas tamén temos mascotas ás que coidamos con moito cariño.
Sergio ten un paxariño (Pimpim), Laura ten dous cans (Tobi e Turco), Lucía unha tartaruga (Pepita), Miguel Ángel un can ( Pilito)e un gato ( Galiñeiro), Kevin ten unha cadeliña (Cuqui) e dúas galiñas ( Pachuca e Patula), Nerea Brandao un can ( Trosky) e un gato (Chuli), Nerea Martínez unha cadeliña (Lúa), Sara un canario (Bambi) e un gato ( Lolo), tamén tiña unha tartaruga (Clementina) que xa lle morreu.
A Roi encántalle os animais , ten catro cans ( Chispita, Trueno, Rayo e Misterio), tamén ten un gato (Fungas) e unha tartaruga ( Filomena).
Carla ten unha cabuxa (Filusera) e antes tiña outra que se chamaba Espadin, e tamén ten dúas tartarugas ( Cleo e Cascabel).
Adrián e Zaida son irmáns e ten unha cadela ( Perla) un can (Bruss) e unha tartaruga ( Chuli).
Raquel e Nerea Casales tamén son irmás e ten unha egua ( Susa) e dous cans ( Jerry e Luky), Nerea Pacheco ten unha cabuxiña ( Cuqui), Diego un can (Risco) e unha tartaruga, Marta un can (Pirata), Paula un gato( Luis), Xoel un can (Rex) e unha vaca (Chuleta) e a única que non ten ningún animal é Idaiara.
Estas son as nosas mascotas, como vedes encántannos os animais, lembrade que non son un xoguete, hai que coidalos .

A MASCOTA DA ESCOLA DE FORNELOS


Na nosa escola tamén vive a nosa mascota , unha tartaruga que se chama " Angelita" .Tódolos días ó chegar ímola espertar, despois temos que limpala, cambiarlle a auga e botarlle de comer, aínda que come moi pouquiño.
Cando nos imos de vacacións a profe sorteaa e a quen lle toque ten que levala para coidala durante as vacacións. Nas vacacións de Nadal levouna Lucía e no Entroido Sergio.¡ Todos queremos levala!.

" Angelita é unha tartaruga moi especial á que lle encantan os nosos coidados (un bo baño diario) e como non a nosa compaña.




9 mar. 2010

O TRASNO PEPE DE FORNELOS


Na nosa escola hai un trasno ; " O Trasno Pepe" , que sempre nos está facendo trasnadas: apaga a luz, cambia as cousas de lugar, escóndelle as fichas á profe...Non sempre fai trasnadas, ás veces deixanos algún agasallo no seu baúl.Ás mañás ó chegar á escola gústanos mirar se nos deixou algo de noite.Nunca o puidemos ver, porque de noite dorme no faiado da escola e de noite anda a facer das del.


5 mar. 2010

FESTAS NO INVERNO I : O NADAL

AS NOSAS FIGURIÑAS .......

DESPOIS DE TRABALLAR BO É DESCANSAAAAAAAAAR!!!!!!!!!



No Nadal fixemos moitas cousas, pero entre elas unha das que máis nos gusta e montar a árbore de Nadal. Fixemoslle as figuriñas de arxila de cores e tamén con grilandas vermellas e osiños pardos....






Qué bonita a nosa árbore!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!






fotos corzáns: O INVERNO




COMO ESTE INVERNO EN CORZÁNS NON NEVOU, NOS DECIDIMOS FACER FOLERPAS DE NEVE, FOI MOI DIVERTIDO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!