30 nov. 2010

XOGANDO COAS LETRAS EN FAMILIAS


Na aula de Pesqueiras esta fin de semana tódolos nenos e nenas xogamos as letras en familia.

O noso gran reto como exploradores consistía en atopar obxectos do noso contorno que comezaran pola inicial dos nosos nomes.

Este foi o resultado....

O luns pola máñá pasámolo estupendamente amosándolle a tódolos compis o resultado da nosa búsqueda.
































































































21 nov. 2010

¡¡¡¡¡¡¡ Plantamos duas aciñeiras !!!!!!!

HOLA, somos os nen@s da aula de Corzáns.

Hai uns dias o gran Bob Esponxa

enviounos un paquete que traia todo o necesario para plantar duas aciñeiras. Tamén nos enviou un folleto onde nos explicaba por que é moi importante que haxa árbores no noso planeta; ademais ensinábanos como debiamos plantar e coidar todos os días as nosas aciñeiras.
Así que puxémonos mans á obra:


1. Botámoslle terra á maceta:













2. Botamos a durmir as landras -como nos ensinou Bob Esponxa-:














3. Tapámolas cun pouco máis de terra:







4. Regamolas case que todos os días:















Esperamos que cos nosos coidados as nosas duas aciñeiras saian andiante e poidamos transplantalas (cando crezan un pouquiño máis) a un monte onde haia máis aciñeiras coma elas para que non estean tan soliñas.

Ata a próxima!!!!

16 nov. 2010

VIDEO-reportaxe telecinco

Aqui tedes a reportaxe emitida en Tele 5, na que se pode ver as actividades realizadas na aula de Fornelos dentro do Programa Canciencia.

14 nov. 2010

FESTA DO MAGOSTO 2010

O pasado venres día 12 de Novembro, tal e como estaba previsto, celebramos a festa do magosto na casa da cultura de Leirado.

De todo o acontecido neste día tedes a continuación o seguinte video.

Grazas a todos por asistir e por participar.

13 nov. 2010

A ESCOLA DE FORNELOS EN Telecinco

Con motivo do programa CANCIENCIA que estamos a desenrolar no CRA este curso, o pasado venres dia 12 de novembro os alumnos e alumnas da escola de Fornelos saíron nun pequeno espazo do telediario (edición das 21:00h) de Telecinco.

Se pinchades "AQUI" accederedes directamente a páxina web desta cadea de televisión.

Tedes que deixar que cargue un pouco o video, e logo, poñendo o rato enriba da imaxe, sen clicar en ningures, aparece (entre o título do informativo e o sintonizador do volume) unha barriña branca estreita, ahí é onde tedes que buscar o minuto 34.40.

Nese momento xa podedes desfrutar das imaxes.

Seguiremos informando con mais novidades.

8 nov. 2010

IMITAMOS CARAS DE CABAZAS

Nestas semanas pasadas, polo motivo do samain, tódalas aulas se decoraron, e os nenos e as nenas xogaron coas mestras ao redor deste tema.

Na clase de Audición e Linguaxe, tamén fixemos un xogo que consistía en imitar caras de cabazas distintas.

Así, ademais de divertirnos, traballamos a mobilidade dos órganos articulatorios, a expresividade e a creatividade.


5 nov. 2010

SAMAÍN 2010



Como xa vos anunciábamos días atras a bruxa Patuxa veu a nosa escola polo samaín.

Entre o mércores e o venres da semana pasada foi pasando por tódalas aulas.



Os nenos e nenas estaban
preparados
para a visita disfrazados de cabazas.




Primeiro...... o "conxuro", é importante recitar ben o conxuro se queremos que nos escoite a apareza.



"Ollos de gato
Dentes de rato
A bruxa piruxa
Chámase ..... Patuxa"



Despois.... recibimos a bruxa con ledicia e sonrisas.



A bruxa precisa a axuda de tódolos nenos e nenas para atopar o seu gato e mais un dos seus zapatos, que seica lle caeu dende o aire mentres voaba na súa vasoira.



En grupo e colocados nunha roda, coa bruxa no medio, cantamos a canción do zapato perdido da bruxa Patuxa, e fomos ao lugar onde ela nos indicou que pensaba que lle caera o zapato.


"A bruxa Patuxa
Perdeu o zapato
con suela de goma
con cintas e lazos
¡Qué triste está Patuxa
sen o seu zapato!
¡Qué triste esta Patuxa
co seu pé descalzo!"

Saen apresurados da aula na procura do zapato, buscan e buscan por tódolos rincóns ata que o atopan.



Finalmente, Patuxa marcha discretamente e sen facer moito ruido, pero deixa unha carta de despedida, e uns agasallos para todos os presentes, caramelos e debuxos para colorear.


De tódolos momentos vividos a continuación tedes este video.


(a aula de meder non sae neste video por falta de material, pero como se aprecia nas fotos a bruxa Patuxa tamén visitou esta aula.)

4 nov. 2010

BENVIDOS Á VESADA


AQUÍ ESTAMOS OS NENOS E NENAS DA CLASE DA PROFE MÓNICA

E AQUI OS DA CLASE DA PROFE ELENA