30 may 2012

EXCURSIÓN A VIGO

O Martes fomos a Vigo de excursión, primeiro visitamos o museo de Arte Contemporánea, museo Marco. Ali puidemos ver a exposición "presencia activa, acción, obxecto e público".


Despois fomos camiñando ata o teatro Garcia Barbón onde presenciamos a obra de teatro "pingüin".


Para recordar todo o acontecido tedes as fotos a continuación.



27 may 2012

MIRANDO AS ESTRELAS. ASTRONOMIA PARA TODOS


Os nosos amigos do CEIP A Carballeira de Lourizán, comparten no seu blog unha páxina moi interesante e divertida para practicar e aprender moitas cousas do noso proxecto anual dos planetas.
Se queredes descubrir mais cousas do universo e divertirvos na casa con toda a vosa familia, só tendes des clicar AQUI e accederedes directamente a súa páxina e aos xogos.





Esta é a nosa escola........ CABREIRA

Ós nen@s de Cabreira gustaríanos que vexades que ben o pasamos na nosa escola e algunhas das cousas que facemos nela. Estade atentos e non perdades detalle....
 

Esta é a nosa escola.......... OLEIROS

Os nen@s de Oleiros queremos ensinarvos o ben que o pasamos na nosa escola e algunhas das cousas que facemos durante a nosa xornada. Atendede e xa veredes todo o que sabemos facer.......

24 may 2012

Esta é a nosa escola.......... FORNELOS

Na escola de FORNELOS pasámolo xenial tod@s xunt@s. Neste video veredes, entre outras cousas, cómo sabemos divertirnos no patio e tamén as sorpresas que o trasno nos da. Estade moi atentos....


22 may 2012

Esta é a nosa escola...... VESADA A

Os nenos e nenas desta aula queremos compartir con tod@s as cousas tan fermosas que hai na nosa escola. Estade ben atentos e non perdades detalle de nada. Mirade, mirade......


Esta é a nosa escola........ MEDER

En Meder tamén sabemos pasalo moi ben. Estade ben atentos e mirade que escola máis estupenda temos......


Esta é a nosa escola ...... CORZÁNS

Os nenos e nenas da aula de Corzáns invitámosvos a que coñezades cómo é a nosa aula e algunhas das cousas que adoitamos facer nela. Mirade que chula....... 


17 may 2012

LA VACA QUIERE CANTAR

Neste curso temos feito mais actividades de videos e novas tecnoloxias, esta vez trátase dunha adaptación dun conto da editorial Parragon titulado "la vaca quiere cantar", onde as voces dos animais e mais as ilustracions estan feitas polos nosos cativos do cra. 
A dirección e a narración da historia foi por parte da mestra de audición e linguaxe Luz Marina Novoa.
Para a montaxe e edición do video contamos coa colaboración dos mestres Moises (educación Física) e Marta Carpintero (titora da aula de Corzáns)
En canto a música, está composta por un mestre doutro centro que colaborou con nos (Francesc Arrufat)

Esperamos que vos guste

15 may 2012

NÓS TAMÉN CREAMOS

Este ano os nenos das aulas de Arantei, Pesqueiras e Oleiros convertemonos en guionistas, productores e diretores de cine xunto coas nosas profes. Decidimos facer unha adaptación do conto de OQO: " A TARTARUGA QUE QUERIA DURMIR" e despois de moito traballar queremosvos agasallar co resultado final, esperamos que vos guste moito e que nos desexedes sorte para gañar o concurso, xa que este corto presentámolo a un concurso da televisión de Galicia; polo de agora quédavos aqui o enlace para que todos poidades entrar en desfrutar coa pelicula.

LETRAS GALEGAS NAS AULAS

Para celebrar o día das letras galegas nas aulas de Cabreira e Oleiros, preparamos coa profe Luisa e co profe Jesu unha canción que pertence a un "agasallo sinconizado para o mundo" que pretende que o día das letras galegas na rede tamén se fale galego. Esta é a letra da canción que nos aprendemos:
   CANDO ME AGARIMAS EN GALEGO,
COMPARTINDO A LUZ E O SON DE SEU,
BRÉTEMA E CAMELIA QUE NO INVERNO FLORECEU
DÁQUELA, BRILLO DE ESTRELAS
TI ´ES DOS MEUS


14 may 2012

convivencia Arantei-Cabreira











Aqui tedes as imaxes da convivencia das aulas de Arantei e Cabreira.

13 may 2012

11 de MAIO. CELEBRAMOS O DIA DAS LETRAS GALEGAS

Tal e como estava previsto o pasado venres dia 11 de Maio, celebramos no parque da Canuda de Salvaterra o dia das Letras Galegas.

Podedes desfrutar de todo o acontecido no seguinte video resumo.

5 may 2012

FELICIDADES MAMAS

os nenos e nenas de Oleiros queremoslle dicir moitas cousas ás nosas nais e para elo fixemos este video.

 

 

FELIZ DIA A TODAS AS MAMÁS

3 may 2012

O NOSO TRABALLO CON VOZ NATURA

Grazas a voz natura, este curso aprendimos moitas cousas e fixemos moitas actividades. 

Na seguinte presentación tedes un resumo con todo detalle.