Blog do Colexio Rural Agrupado A Lagoa, composto por 7 escolas: Arantei, A Vesada, Cabreira, Oleiros, Fornelos, Pesqueiras, Corzáns e con sede en Salvaterra de Miño, Rúa Rosalía de Castro 108 (Tlf.986659363)
Desta vez queremos contarvos o BEN que o pasamos o venres pasado na xuntanza que fixemos os nenos de Oleiros cos de Pesqueiras. Estivemos agardando moito tempo pero por fin o conseguimos, despois de moitos correos e chamadas de teléfono organizamos o "PLAN PERFECTO" para convencer ás nosas mestras e ás nosas familias e xuntarnos en Oleiros para celebrar unha gran festa, chea de bailes, cancións, xogos e sobre todo moito cariño AAAHHH, esquecíame tamén nos visitou un paiaso moi especial o que todos queremos moito, recoñecédelo?
Quedamos tan encantados que vos propoñemos a todas as aulas que fagades o mesmo que nós, cantos mais amigos viaxeiros sexamos, moito mellor.
Pero que ben que o pasastes!! xa vexo que foi una xuntanza moi cariñosa e divertida. bicos e apertas para todos
ResponderEliminar