21 abr. 2013

VIDEOCONFERENCIAS TEMÁTICAS. OS GOLFIÑOS


Este trimestre estamos a realizar videoconferencias temáticas cun parque zoolóxico de Tenerife, O "loro parque".

Son conexións que nos ensinan en directo como é a vida dos animais do parque. 

Este mes de abril participaron as aulas de Arantei e Pesqueiras, A vesada A e B e Cabreira e tamén as aulas de Corzán e Meder. 

E tivemos a oportunidade de conectamos co parque para coñecer mais cousas sobre os golfiños. 




Ademais, non só estabamos conectados os do noso cole,  tamén había outros colexios de educación infantil doutras partes de España.




Primeiro tivemos una conexión coa monitora, Maria, que nos explicaba as características mais destacadas dos golfiños e contestaba as nosas preguntas, e dúbidas. 



Tamén falamos a través do chat cun dos cuidadores e entrenadores e lle fixemos preguntas. 


Mirade o seguinte video de como entrena un golfiño para tocar a pelota.





Finalmente puidemos desfrutar dunha actuación, en directo,  dos golfiños nas piscinas cos seus monitores.



Alí nos mostraron un show espectacular que nos deixou coa boca abreta, con tódolos trucos, saltos que eran capaces de facer.





Grazas Loro parque por darnos esta oportunidade  e nos vemos novamente no mes de maio cos LOROS e as aulas de Fornelos e Oleiros.




17 abr. 2013

  CONVIVENCIA: ARANTEI- PESQUEIRAS

O pasado Venres 12 de Abril tivemos unha convivencia na aula de Pesqueiras.
 Os nenos e as nenas de Arantei foron de visita e compartiron unha xornada na que realizamos unha videoconferencia co Loro Parque de Tenerife e vimos unha exhibición de delfíns en directo.





  Tivemos festa de piratas: disfrazámonos, bailamos e merendamos.






Xogamos no patio e coloreamos, pasámolo xenial.




 Podedes ver todas as fotos pinchando neste enlace:






16 abr. 2013

MENUDO AGASALLO DO TRASNO PEPE

O venres pasado visitounos o Trasno a Fornelos e deixounos este agasallo:


Menudos agasallos, xa estamos esperando a sua proxima visita.

9 abr. 2013

 DENDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA RECOMENDÁMOSVOS ÁS FAMILIAS DO C.R.A. UNHA NOVA REVISTA: " OLLOS DE AULA " QUE XA VAI POLO NÚMERO 6 E NA QUE ATOPAREDES INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS.




                          





PODEDES VER OS EXEMPLARES DO Nº 1 AO Nº 6 NO SEGUINTE ENLACE:
www.coordinadoraendl.org/entrada.php?...ollosdeaula/ollosdeaula...


4 abr. 2013

OS XOGOS OLÍMPICOS

Durante este ano todos os nenos do CRA estamos traballando os xogos olímpicos, e no que levamos de curso en Oleiros estivemos gravando deportes e historias sobre os xogos olímpicos e incluso gravamos o grna desfile das olimpiadas que fixemos todos xuntos.Agora presentamolo a un concurso de Voz Natura, dentro da plataforma Proyecta e precisamos que nos axudedes, xa que para gañar temos que ter moitos votos.
Neste enlace podedes votarnos. Para facelo hai que darlle a me gusta primeiro e despois a votar.



https://apps.facebook.com/easypromos-premium/voteme/13614/614902002

Moitisimas gracias 

2 abr. 2013


          PRIMAVERA EN ARANTEI



¡QUÉ CONTENTO ESTOY!

¡HA LLEGADO ABRIL!,

CON SUS AMAPOLAS,

CON SUS LLUVIAS MIL.

TODO ESTÁ RADIANTE,

TODO BRILLA MÁS

Y YO SOLO TENGO

GANAS DE CANTAR.

(Mª DOLORES CAMPUZANO)