UN ENXAME DE ABELLAS NO ENTROIDO 2014
O pasado venres 28 de febreiro os alumnos, pais e mestres do "CRA A Lagoa" nos xuntamos cos CEIP "Carlos Casares" e de "Leirado" para celebra-lo Entroido, que este ano tivo lugar no pavillón de Leirado a causa do mal tempo.
Este curso estamos a desenvolver un proxecto adicado ás abellas polo que non podía ser outra a temática escollida no Entroido.
Non vos esquezades de recompoñer este puzzle co enxame do CRA A Lagoa!!
A Vesada:
Meder:
Arantei:
Corzáns:
Fornelos:
Oleiros:
Pesqueiras:
Cabreira:
Preme nesta roda de arriba e logo en reiniciar.
Velaquí tedes un resumo dalgúns dos momentos da festa de Entroido e o vídeo da nosa actuación: "O rock da abella".
Grazas a tódolos pais e nais e, por suposto, mestres que tanto traballaron para que este enxame de abelliñas ( e tamén apicultores!)non parase de zumbar en toda a mañá.
|
Hola a todos e todas, non podía resistirme a pasar polo blog para ver como íades disfrazados no entroido deste ano. Una bágoa que fixese mal tempo porque a comparsa polas rúas de Salvaterra é mais divertido.
ResponderEliminarAs fotos son xeniais, e o disfraz moi currado, como sempre, noraboa!
E agora un apunte para as profes: intentei ver o vídeo da actuación pero non puiden, está subido como "privado" en no se pode abrir.
Bicos
Hola Luz!!
ResponderEliminarAlégranos moito que che gustasen as fotos e o disfraz. Foi unha mañá moi divertida a pesar de non poder face-lo desfile en Salvaterra.
Moitas gracias polo apunte do vídeo, cremos que xa está arranxado.
Unha forte aperta de parte de tódolos mestres e alumnos!Encántanos que nos visites por aquí!
Ata pronto!!
Que guapos estades todos, seguro que foi un gran día de festa. Moitos biquiños
ResponderEliminar