12 sept. 2014

UN COMEZO SOBRE RODAS


Este inicio de curso está sendo moi emocionante. A etapa número 19 da volta ciclista a España saíu dende Salvaterra e nos fomos partícipes deste gran acontecemento.


Dende a mañanciña e despois de reunirnos no campo de fútbol comezamos a camiñar hacia o centro da vila. 


Ali puidemos ver moitos coches e bicicletas, visitamos e coñecimos corredores de dous dos equipos participantes, o orica GreenEdge e o Tinkoff Saxo Bank, e mesmo nos fixeron agasallos. 

Por último acabamos a xornada presenciando a saída do pelotón dende unha das rúas de Salvaterra.

Click to play this Smilebox slideshow

Non queremos acabar esta noticia sen dar as gracias. 

En primeiro lugar aos equipos que nos deixaron moi amablemente visitalos e recolleron os debuxos que lles fixéremos. (podedes picar nas súas camisetas para acceder as súas respectivas páxinas oficiáis de facebook)






E por suposto agradecer a tódolos pais, nais e familiares dos nosos alumnos e alumnas, que nos axudástedes coa vosa colaboración. Sen a vosa presenza non habería sido posible.


1 comentario:

  1. Boisima esta saida, e os peques portándose moi ben. Noraboa.

    Víctor.(cabreira)

    ResponderEliminar

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.