25 dic 2009

FESTA DE NADAL 2009

O pasado martes día 22 de decembro tivemos un ano mais a festa de nadal do CRA. Xuntos pasamos una mañá moi divertida.


Esta vez reunímonos na casa da cultuar de Leirado, según entrábamos as profes nos daban un gorro de papa Noel para que o puxésemos, despois fomos por aulas a sentarnos nas cadeiras, e pouco mais tarde empezaron as actuacións.

Primeiro, "O Rei Midas" e o seu show de maxia, algúns trucos foron impresionantes. Ademais regalaba globos aos seus axudantes e era moi gracioso.


Cando rematou a súa actuación era o turno dos neno e nenas, que subian a cantar unha panxoliña. Titulábase "O abeto está valeiro". Cada aula levaba un adorno colgado do pescozo, así que , despois de cantar fomos baixando e adornando a árbore que estaba no escenario.

Despois subiron os pais e as nais, se animaron moitos, así que o escenario estaba cheo, cantaron a panxoliña "Los peces en el río". Grazas por a vosa participación, o fixestes xenial.

Para rematar coas actuacións, era a quenda das mestras e mestres, que cantaban unha panxoliña titulada "Buscando Papá Noel".

Antes de que apareceran as súas maxestades, Melchor, Gaspar e Baltasar, fixemos una actividade que non estaba preparada, y é que era o aniversario da profe Elena, e ademais a profe Angeles, tamén estivera de aniversario facía moi pouco, así que lles fixemos unha homenaxe cantando o "cumpreanos feliz".

Cando chegaron os Reis Magos, tódolos nenos e nenas do CRA subiron por orde a darlles as cartas que prepararan na clase. Pero os reis xa traían algún agasallo para todo aquel que se quería acercar a darlles un bico, e tamén trouxeron caramelos.

Para repor forzas de tato nervo e ilusión, fomos a comer nas mesas todo tipo de doces típicos de nadal, turron, galletas, polvoróns.....


Que ben o pasamos, dende aquí queremos desexarvos a todos e todas BOAS FESTAS E
FELIZ ANO 2010.

lembrade que ata o día 11 de Xaneiro non temos que volver.

BOAS VACACIÓNS.





21 dic 2009

O NOSO BELEN


Xa está colocado o belen na casa da cultuara de Salvaterra. Quedou ben bonito, en cada estrela hai unha foto de tódolos alumnos e alumnas do CRA. Está feito totalmente a man, usando materias moi variados, madeira, corcho, papel, cartón, la e ovos entre outros. A verdade é que foi un gran traballo que levou moito tempo. Pero o certo é que sen a axuda dos pais e nais non houbera sido posible rematalo.
Moitas grazas pola vosa axuda e colaboración.
Agora o mellor e que vaiades durante as festas a miralo en vivo e tamén a botar unha ollada aos demais participantes.

BOAS FESTAS!!!

15 dic 2009

SUSPENDIDAS AS CLASES POLO MAL TEMPO


Segundo un comunicado da Consellería de Educación, en base á predición deita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET)

COMUNÍCASE QUE:

Maña, dia 16 de decembro de 2009, as clases quedan suspendidas en todos os centros educativos galegos, como medida de precaución polo mal tempo.

Podedes ler toda a noticia pinchando AQUI

9 dic 2009

PANXOLIÑAS DO NADAL (PARA IR ENSAIANDO)

Para que todos vaiamos ensaiando na casa, no coche, ou nas reunións cos amigos, aquí vos deixamos as panxoliñas que cantaremos na festa de Nadal do vindeiro dia 22 de decembro.
Así non haberá escusas.



PARA OS PAIS E AS NAIS (los peces en el río)


La Virgen se está peinando
Entre cortina y cortina
Los cabellos son de oro
Y el peine de plata fina

Pero mira como beben
los peces en el río
Pero mira como beben
por ver a Dios nacido
Beben y beben
y vuelven a beber,
Los peces en el río
por ver a Dios nacer.

La Virgen está lavando
Y tendiendo en el romero,
Los angelitos cantando,
Y el romero floreciendo.

*ESTRIBILLO*

La Virgen va caminando
Va caminando solita,
Y no lleva más compaña
Que el niño de la manita

*ESTRIBILLO*

S. José tenme a este niño
Mientras enciendo la candela
Y San José le responde
Quién lo parió que lo tenga.


*ESTRIBILLO*

La Virgen está lavando,
Con un poquito jabón,
Se le picaron las manos,
Manos de mi corazón.

*ESTRIBILLO*


PARA OS NENOS E AS NENAS (O abeto está valeiro)


O abeto está valeiro antes do noso nadal

Nesta clase todos xuntos xa o imos adornar.

Atención, atención

Xa preparo as botiñas

Atención, atención

Preparados, listos, xa.

As botiñas....

E volvemos a empezar.

O abeto está valeiro...

Atención, atención,

Xa preparo os caxatos

Atención, atención

Preparados, listos, xa.

Os caxatos, as botiñas...

E volvemos a empezar.

O abeto está valeiro...

Atención, atención,

Xa preparo as grilandas

Atención, atención,

Preparados, listos, xa.

As grilandas, os caxatos, as botiñas, …

E volvemos a empezar.

O abeto está valeiro...

Atención, atención,

Xa preparo as folerpas

Atención, atención

Preparados, listos, xa.

As folerpas, as grilandas, os caxatos, as botiñas, …

E volvemos a empezar.

O abeto está valeiro...

Atención, atención,

Xa preparo as bombillas

Atención, atención,

Preparados, listos, xa.

As bombillas, as folerpas, as grilandas, os caxatos, as botiñas...

E volvemos a empezar...

Que mañá é o nadal.


PARA OS MESTRES E AS MESTRAS (Buscando papá noel)


Buscando a Papá Noel

A árbore de Nadal

Cando por fin a atopou,

Cantou o peto real

Non, non, non…

Que este é o meu fogar (bis)

Buscando a Papá Noel

A árbore de Nadal

Cando por fin a atopou,

O esquío empezou a cantar

Non, non, non

Que este é o meu fogar (bis)

Buscando a Papá Noel

A árbore de Nadal

Cando por fin a atopou

O zorro empezou a cantar

Non, non, non

Que este é o meu fogar (bis)

Buscando a Papá Noel

A árbore de Nadal

Cando por fin a atopou

O oso empezou a cantar.

Non, non, non

Que este é o meu fogar (bis)

Buscando a Papá Noel

A árbore de Nadal

Os gnomos daqueles bosques

Quixérono axudar:

Si, si, si, si, si, si

Esta árbore servirá

Si, si, si, si, si, si

Todos xuntos a cantar

LA, LA, LA,