Estamos situados preto de Salceda de Caselas, mais ou menos no medio entre este pobo e Arantei.

A nosa aula é moi bonita, hai debuxos e carteis pegados por tódalas paredes e o sol entra polas ventás dende primeira hora da mañá.
Neste recanto están os puzzles, os nosos traballos e os libros. Tamén está a porta do baño e a da entrada a aula, que están pintadas con debuxos das nosas persoaxes de contos favoritas.
Este é o recanto onde, cada maná, dámonos os bos días, pasamos lista, poñemos a data, e miramos o tempo que fai. Despois o que quere, pode contar algo que lle pasou e compartilo con todos.
Neste outro recanto temos a pizarra e a colchoneta, onde gardamos os coxíns para sentarnos no chan a escoitar o que nos teñen que explicar os mestres e as mestras.
Tamén gústanos xogar no patio, temos un xardín con árbores para correr ou xogar cos nosos xoguetes.
Cando é o día de cumpreanos dalgún compañeiro ou compañeira facemos unha festa, con tarta, e chuches para todos.
Seguimos aprendendo, rindo e xogando e de todo elo darémosvos conta noutras publicacións. Unha aperta.
Ola nenos de Cabreira e profe Pepita; somo sos nenos da aula de Oleiros e queremnos saudarvos. Nos somos 15, 6 nenos: Lois, Brais, Pablo, DAni, ANxo e Arón e 9 nenas: Carmen, Paula, Iris , MAría Adriana, ANdrea, NErea; Lucía Suarez e Lucía Alves e a profe Pili. Moitos bicos e apertas.
ResponderEliminar