5 mar 2019

O CRA A Lagoa foi de Entroido

   O venres 1 de Marzo, coma sempre que a climatoloxía nolo permite, desfrutamos do desfile de comparsas nas rúas de Salvaterra de Miño.
Na praza do Concello xuntámonos o CEIP de Leirado, o CEP Carlos Casares e o CRA A Lagoa e encamiñámonos cara o Parque da Canuda, iso si, acompañados de cerca por unha morea de familiares.

     Xa instalados no auditorio do parque fixemos a lectura do Testamento do Meco e procedemos a súa queima. Deixando a nosa pena polo Meco a un lado, procedemos a coller forzas cunha merenda ao sol e as actuacións dos colexios.
Para finalizar bailoteamos un anaco ao ritmo da música antes de rematar este marabilloso día.

     Moitas grazas a todos os colexios, aos familiares que nos acompañaron, a Barafunda pola súa incrible animación e ao Concello de Salvaterra pola axuda prestada.


Velaquí vos deixamos un resumo dos mellores momentos, que os desfrutedes!!!


















Vémonos o vindeiro ano!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.