30 mar 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE


Segundo as instrucións do 27 de marzo para todos os centros de ensino non universitario:

"Os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do 2º trimestre, antes do 3 de abril".

"A avaliación poderá formalizarse co traballo desenvolvido ata a data en que se declarou o Estado de Alarma".

Como non é posible entregar os boletíns coma o fixemos ata agora, deberedes descargar nos vosos teléfonos a aplicación AbalarMobil. Deste xeito poderedes acceder ós boletíns de xeito on-line.

Aí vai un enlace cunha sinxela guía para descarga e uso da aplicación:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites//espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf


Se algunha familia non ten a posibilidade de acceder deste xeito, sempre podedes contactar co centro de luns a venres de 9.00 a 14.00, no teléfono 986 65 93 63 ou no correo electrónico cra.algoa@edu.xunta.es

Desexamos que gocedes de boa saúde e esteades a levar esta situación do mellor xeito posible, así coma agardamos que estos momentos difíciles acaben pronto.
Vémonos na escola!

Apertas de todo o equipo docente

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.