30 abr 2020

Queridas familias: 


A Consellería de Educación, Universidade, Formación Profesional e Innovación Educativa dita as seguintes Instrucións con data do 27 de abril de 2020, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguindo ditas instrucións desde o CRA A LAGOA queremos informar que: 

- A información básica da adaptación das programacións didácticas para a finalización do curso 2019-2020, será elaborada polo equipo docente en base aos principios de claridade, transparencia e obxectividade que garantan o dereito dos alumnos e alumnas a que o seu rendemento sexa avaliado conforme a criterios obxectivos e dito DOCUMENTO GUÍA será publicado na blog do centro.
- Só serán avaliables os contidos impartidos no 1º e 2º trimestre de xeito presencial. Todas as actividades realizadas neste terceiro trimestre serán de repaso e non serán avaliables.
- As actividades lectivas que se desenvolven durante o terceiro trimestre do curso 2019- 2020, sempre condicionadas polo que dispoñan as autoridades sanitarias, non se estenderán máis alá das datas establecidas na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Polo tanto as clases REMATAN O VENRES 19 DE XUÑO. 

Por parte do equipo docente, e en vista dun terceiro trimestre no que pode que non voltemos ás aulas, queremos establecer novas vías de comunicación coas familias. A Consellería pon á nosa disposición a aplicación Cisco Webex Meetings para realizar vídeochamadas, que se a empregades desde o ordenador, podedes acceder directamente desde a páxina web https://eduxunta.webex.com, pero se ides acceder empregando móbil ou tableta, será necesario que baixedes esta aplicación para poder empregala.


En breve as titoras contactarán con vós para convocarvos. En calquera caso, seguimos estando á vosa disposición no tlfno do centro 986659363 e no correo cra.alagoa@edu.xunta.es.
Apertas!

Aí van un enlace a titorial .







No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.