RECORDATORIO
Segundo as instrucións do 27 de marzo para todos os centros de ensino non universitario debemos pechar a 2ª avaliación antes do 3 de abril, avaliando só o traballo desenvolvido ata a declaración de Estado de Alarma.
Como non é posible entregar os boletíns coma o fixemos ata agora, deberedes descargar nos vosos teléfonos a aplicación AbalarMobil. Deste xeito poderedes acceder ós boletíns de xeito on-line a partir do venres 3 de abril.
Aí vai un enlace cunha sinxela guía para descarga e uso da aplicación:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites//espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf
Esta aplicación seravos de utilidade durante toda a etapa escolar das/os vosas/os fillas/os: infantil, primaria e secundaria, independentemente do centro educativo no que cursen.
Se algunha familia non ten a posibilidade de acceder deste xeito, ou tedes algunha dúbida, sempre podedes contactar co centro de luns a venres de 9.00 a 14.00, no teléfono 986 65 93 63 ou no correo electrónico cra.algoa@edu.xunta.es
Queremos tamén enviar unha forte aperta a todos os pequenos e pequenas, heroes sen capa, que están a levar esta situación de modo realmente heroico en moitos casos.
Moita saúde e agardamos vernos moi pronto!!
Apertas de todo o equipo docente
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.