INFORMACIÓN IMPORTANTE
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021
Prazo de presentación de solicitudes de admisión:
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de
admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos,
polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito
que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo
mes (ambos incluídos)
Recolleremos os documentos de admisión na sede do CRA A LAGOA na Rúa Rosalía de Castro nº108, no centro de Salvaterra de Miño, en horario de 10.00 a 13.00. Preferiblemente, por cuestións de seguridade sanitaria, concerten cita previa no 986659363 ou no correo cra.alagoa@edu.xunta.es. Para a ocasión, vir con luvas e mascarilla.
Documentación necesaria:
Documentación necesaria:
- Impreso ED550B cuberto. Proximamente poderase descargar na páxina web https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ , ou ben podemos facilitalo na sede do CRA. FIRMADO POR AMBOS PROXENITORES
- DNI ou Libro de Familia do neno, orixinal e copia.
- Copia dos DNI dos proxenitores.
- 2 fotos tamaño carnet (no caso de non dispoñer delas, poderanse aportar máis adiante).
NOVOS PRAZOS DO RESTO DO PROCESO DE ADMISIÓN:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (de ser o caso): ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no
prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
Información ampliada https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30990
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.