14 dic 2020

     

 


 

     Mañá 15 de decembro asistiremos virtualmente ó espectáculo musical "A fraga do meu avó" do grupo Mamá Cabra, obra que nace do amor pola natureza e do compromiso que temos de coidar da terra. coñeceremos as árbores e animais que habitan a fraga. E ademais o xoves 17 teremos un encontro virtual coa cantante do grupo e mestra, Gloria Mosquera que nos falará sobre a importancia de coidar e protexer a fauna e flora autóctonas de Galicia. Máis información en https://www.afundacion.org/ga/area-educativa/evento/a-fraga-do-avo. Con esta e outras actividades que desenvolveremos durante o curso, trataremos de que, a pesares da COVID-19, podamos disfrutar de actividades complentarias como estamos acostumadas a realizar todos os cursos aínda que sexa de modo virtual. Apertas!

Aí vai un adianto

 


 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.