O 15 de Maio celebramos o DÍA DA FAMILIA, parece ser que os/as nosos/as nenos/as están a preparar unha fermosa sorpresa, pero mentres no chega, aquí tedes uns contos moi apropiados para ler estes días...e sempre que nos apeteza. Agardamos que vos gusten!!!
Pois aquí tedes a sorpresa que levan toda a semana preparando con moito agarimo os/as nosos/as cativos/as e as mestras; mochilas para que poidades gozar en familia dun bonito día de pícnic ao aire libre. Eles/elas mesmos/as pintáronas e como grandes artistas que son, tamén deixaron voar a súa imaxinación para decorar o papel para envolvelas.
Esperamos que vos gusten e que as gocedes en FAMILIA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.