O pasado xoves 29 de abril de 2021 o C.R.A A Lagoa presentoulle á Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, un anteproxecto para a restauración e mantemento das escolas infantís tentando dar resposta ás novas situacións educativas, pensando sempre no beneficio do alumnado que acode ás mesmas.
Moitas destas escolas datan dos anos 60 polo que a necesidade de adaptación ós tempos actuais foi entendida como necesaria por parte do Concello.
Trátase dun proxecto, que se iniciará este curso e que con carácter gradual pretende abordar a totalidade das escolas que conforman o C.R.A A Lagoa.
Neste proxecto contarase coa colaboración e implicación non só do Concello de Salvaterra senón tamén coa A.N.P.A Pequeniños e as distintas Asociacións Veciñais da zona.
A colaboración das familias, resulta fundamental para levar a cabo este proxecto que ten como obxectivo a contribución á mellora da escola pública.
Por unha escola de todos/as e para todos/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.