Hoxe conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Durante esta semana estivemos traballando este día nas aulas.
Unha das actividades que realizamos foi a seguinte: escoitar o conto Orellas de Bolboreta, onde algúns nenos e nenas búrlanse de Mara, a protagonista do conto, polo seu pelo, as súas orellas,...
A continuación reflexionamos sobre o que sucede no conto e démonos conta de que iso non está ben. Nós queremos aos nosos compañeiros e compañeiras e non nos burlamos deles. Así que decidimos facer o contrario do que lle fan a Mara e destacar as calidades positivas dos nosos amigos e amigas, creando unhas bonitas nubes de palabras con todas elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.