9 mar 2022

INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE CONTACTOS ESTREITOS

 

    A Consellería de Sanidade e Educación acaban de comunicar conxuntamente que tras a valoración da situación epidemiolóxica actual, elimínase a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario. Seguiranse as mesmas actuacións que a poboación xeral en canto á identificación e manexo dos contactos estreitos. Serán os propios casos os que deben informar ós seus contactos estreitos do diagnóstico COVID para que extremen precaucións e prevencións. O centro seguirá informando dos posibles casos para mellor prevención. En canto ó uso da máscara, a Consellería de Sanidade segue recomendando o seu uso para maiores de 3 anos, tanto no interior das aulas coma no exterior se non se pode manter o 1,5 m de distancia, polo que seguides sendo as familias quenes decides acerca do seu uso, iso si, avisando ás titoras por correo electrónico se hai cambios.

https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/6767/202200304_Recomendacions_preventivas_contactos_estreitos_COVID.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.