Durante este curso 2022/2023 estaremos inmersas/ inmersos no Plan Proxecta +: "Donas de si", xa que consideramos que a educación para a igualdade segue a ser un obxectivo a traballar coas crianzas en xeral pero tamén coa comunidade educativa a cal queremos implicar neste curso.
OBXECTIVOS
- Dar
a coñecer ao alumnado modelos femininos que fixeron valiosas achegas á
sociedade en diversos ámbitos e épocas.
- Dar
visibilidade ás mulleres da nosa contorna.
- Mellorar a educación en igualdade.
- Investigar sobre a igualdade de sexos nos ámbitos educativos.
- Implicar ás familias no Proxecta.
Sentimos que debemos fomentar o trato equitativo entre homes e mulleres, xerminando as sementes de igualdade na nosa comunidade educativa.
Co obxectivo
de afondar neste empeño queremos
fomentar no noso alumnado aqueles
valores e achegas das mulleres
tanto da contorna próxima como da nosa comunidade
en todos os ámbitos: científico, artístico, cultural, social…