8 feb 2023

PERÍODO DE ADMISIÓN CURSO 2023/2024

 ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23-24

 

O vindeiro 1 marzo comeza o prazo de presentación de solicitudes de admisión, e  extenderase ata ó 20 de Marzo, ambos días incluídos. As solicitudes poden presentarse por sede electrónica en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/  ou presencialmente na sede do cole, en Rosalía de Castro 108, sempre con CITA PREVIA.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

          Impreso ED550B cuberto. Pódese descargar na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/  ou ben recollelo na sede do CRA A LAGOA, na Rúa Rosalía de Castro, 108 en Salvaterra de Miño no horario de secretaría especificado (a partir do 1 de marzo). Tamén haberá impresos nas escolas o 14 de febreiro de 16.00 a 17.30 con motivo da xornada de portas abertas.

          DNI ou Libro de Familia do alumno/a e de proxenitores ou titores legais

          2 fotos tamaño carnet.

*Tamén podedes presentar a solicitude por Sede electrónica.

Horario de secretaría na sede do CRA A LAGOA:

      LUNS:             9-10h e 11.30-12.30h 

 MARTES:        12-14h e 16-17h. 

MÉRCORES:  9-10h e  11.30-12.30h.

XOVES:          11.30-14h.                         

VENRES:        11-13h.

 

 

Podes atopar información do noso cento no blog https://craalagoasalvaterra.blogspot.com/,   https://www.edu.xunta.gal/centros/craalagoa/, e  no Instagram cra_a_lagoa. Ante calquera dúbida contacta con nós no teléfono 986659363 ou no correo cra.alagoa@edu.xunta.gal

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.