9 may 2023

PLAN PROXECTA: Excursión ao Concello de Salvaterra de Miño

Dentro do proxecto "Donas de sí", realizamos unha excursión ao concello de Salvaterra de Miño, onde fomos recibidos pola alcaldesa, Marta Valcárcel, que nos ensinou as diferentes áreas do concello, terminando esta visita no salón de plenos.

Desde o concello, dirixímonos á praza de abastos, onde os postos estaban atendidos por mulleres. Visitamos á frutera e as peixeiras e xogamos con elas a saber qué cantidade de tipos de froitas e peixes coñeciamos.

Seguidamente, reunimonos na praza do castelo para merendar. Ao terminar, fomos a biblioteca municipal para ver as diferentes estancias e ler algúns contos da zona dedicada a nós, os máis peques.

E para terminar a excursión, puxemos rumbo ao parque da Canuda, onde gozamos dun bo intre de xogos con todos os amigos e amigas doutras aulas.

Foi un día incrible!!













No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿DESEXAS ESCRIBIR UN COMENTARIO SOBRE ESTA ENTRADA? Adiante, escribe o que queiras a continuación pero....por favor, IDENTIFÍCATE. Grazas.